César Fernández acompañou ao conselleiro de Cultura na visita ao final das obras na parte occidental da Catedral
Ourense, 3 de marzo de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, César Fernández, acompañou esta mañá en Ourense ao conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, na visita ao final das obras na parte occidental da Catedral, na que tamén estiveron o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén. Román Rodríguez celebrou o bo avance da restauración impulsada pola Xunta de Galicia e anunciou o inicio dos traballos no ciborio e fachada sur o próximo mes de abril a través do Plan Catedrais de Galicia 2021-2027.