César Fernández asiste ao partido amistoso que se disputou en Verín entre as seleccións femininas de fútbol sala de España e Portugal

Compartir

 

Verín, 7 de novembro de 2023.- As dúas grandes potencias do fútbol sala feminino europeo disputaron esta tarde un amistoso en Verín. Así, as seleccións absolutas de España e Portugal volven a medirse tralo seu último encontro, na semifinal do Campionato Europeo en Hungría.

A este partido de máximo nivel acudiu, en representación da Deputación, o vicepresidente segundo e deputado de Deportes, César Fernández, quen valorou a máxima calidade do encontro, onde a tricampiona de Europa (a Selección Española Feminina) regresou á cancha, despois de reter o seu título continental no pasado mes de marzo. Ademais, entre as xogadoras convocadas para o encontro destaca a ourensá Vane Sotelo, que compite actualmente no Arriva Alcorcón.

A Selección Española Feminina Absoluta regresa a Galicia case catro anos despois, xa que a última vez que xogou na comunidade galega foi en decembro de 2019, cando se enfrentou a Xapón en Pontevedra e en Burela, con victorias por 8-0 e 4-2.