César Fernández asistiu ao acto de entrega do Premio Trasalba a Luis Davila

Compartir

Ourense, 25 de xuño de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta mañá no Pazo de Trasalba, en Amoeiro, ao acto de entrega do Premio Trasalba 2023 a Luis Davila, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo en recoñecemento ao "compromiso e modernidade" deste humorista gráfico galego. 

O acto desta mañá tamén contou coa presenza do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o alcalde de Amoeiro, José Luis González; o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo; a directiva da Fundación Otero Pedrayo; representantes da vida sociocultural da provincia e o propio homenaxeado.