César Fernández asistiu á inauguración da exposición "Acisclo Manzano: sete décadas"

Compartir

Ourense, 21 de marzo de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, asistiu esta tarde na sala de exposicións de Afundación, en Ourense, á inauguración da exposición "Acisclo Manzano: sete décadas", que percorre a traxectoria deste referencial artista ourensán.