César Fernández participa na entrega de galardóns da V edición dos premios de investigación do Campus da Auga
Ourense, 22 de marzo de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta tarde na entrega de galardóns da V edición dos premios de investigación do Campus da Auga. César Fernández entregou o premio ao TFG máis destacado, que foi para Jorge Ledo polo traballo "Modelado físico e numérico da interacción entre ondas e obxectos flotantes", titorizado por Alejandro Cabrera e José Manuel Domínguez.