César Fernández participa na entrega dos premios de investigación do Campus da Auga
Ourense, 8 de abril de 2022. - O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na entrega da IV edición dos Premios de investigación, transferencia e divulgación científica do Campus da Auga. No acto, celebrado na aula magna Concepción Arenal da Facultade de Dereito, César Fernández entregou o premio ao TGF/TFM máis destacado ao estudante Rubén González Martínez, polo traballo "Aprovechamiento geotérmico para espacio termal de uso lúdico: Burga do Muíño, Ourense".