César Fernández participa na presentación da "Primavera das Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro"

Compartir

Ourense, 10 de maio de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na presentación da "Primavera das Portas Abertas na Ruta do Viño do Ribeiro", actividade organizada pola Asociación Ruta do Viño do Ribeiro e que se desenvolverá entre o 12 e o 14 de maio. Na presentación tamén participaron, entre outros, o delegado da Xunta, Gabriel Alén, e o presidente do CRDO Ribeiro, Juan Manuel Casares.