César Fernández participou na inauguración da Feira do Viño do Ribeiro
Ourense, 28 de abril de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta tarde en Ribadavia na inauguración da 60ª edición da Feira do Viño do Ribeiro, evento que conta coa colaboración do goberno provincial e que se celebra ata o domingo nesta vila.
Ademais de Fernández, na inauguración estiveron presentes, entre outros, a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; o conselleiro de Medio Rural, José González; o presidente do CRDO do Ribeiro, Juan Casares; e o pregoeiro da Feira, Juan Antonio Bande.