César Fernández participou na presentación do Xoldra de Aguiar, que se celebrará o vindeiro 30 de xullo
Ourense, 3 de xullo de 2023.- O vicepresidente César Fernández participou esta mañá na delegación da Xunta de Galicia na presentación do festival solidario Xoldra de Aguiar, que se celebrará o vindeiro 30 de xullo nos Gozos (Pereiro de Aguiar) coa colaboración da Deputación.
Xoldra de Aguiar, explican dende a organización, ten como principal obxectivo a posta en valor do rural coa cultura das festas populares como instrumento catalizador dun evento musical durante o día, desde a sesión vermú ata a noite, ademais contará con programación infantil.
Na presentación tamén participou o alcalde de Pereiro, Luis Menor; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e o organizador do ciclo, José Freiría. Cinco euros de cada entrada irá destinado ao Banco de Alimentos do Concello de Pereiro de Aguiar.