César Fernández participou na xornada de portas abertas do Campus de Ourense

Compartir

Ourense, 13 de abril de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou esta mañá na xornada de portas abertas do Campus de Ourense. Este encontro, organizado pola Universidade de Vigo baixo o título de "Coñece o Campus de Ourense", permitiu que medio millar de rapaces de once institutos das provincias de Ourense e Lugo coñeceran as nove escolas e facultades do Campus, os seus 16 títulos de grao e as instalacións.