César Fernández participou no consello de goberno da Red de Entidades Locales por la Transparencia y Participación Ciudadana

Compartir

Ourense, 7 de marzo de 2023.- O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta mañá por videoconferencia na reunión do consello de goberno da Red de Entidades Locales por la Transparencia y Participación Ciudadana, órgano dependente da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) que ten por obxectivo promover as políticas de transparencia e participación cidadá na vida pública.

Este consello de goberno da RED serviu para expoñer as actividades realizadas polos grupos de traballo nas últimas datas -entre elas unha Xornada Técnica sobre transparencia celebrada en Ourense o pasado decembro- e abordar novas incorporacións, aprobar a creación da Rede de Laboratorios de Innovación Pública dentro da RED de Transparencia e dar conta das actividades realizadas no marco dos Premios InnovaGloc 2023 aos mellores gobernos locais innovadores.