Comeza a XLV Festa do Pemento de Arnoia que conta coa colaboración da Deputación de Ourense

Compartir

Arnoia, 2 de agosto de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, asistiu á inauguración da XLV Festa do Pemento de Arnoia, na Queixeira en Arnoia. Este evento gastronómico, que conta coa colaboración da Deputación, celebrarase desde hoxe ata o domingo, 4 de agosto.

Esta primeira xornada desta Festa de Interese Turístico de Galicia foi amenizada polo espectáculo musical Queiman Folk e a orquestra Espectáculo Panorama. A programación continuará ao longo do fin de semana con concentracións de vehículos clásicos, festa infantil e música a cargo de diferentes grupos.