Conclusións da Comisión Informativa Especial sobre os proxectos Daredo e Deputrans
Os proxectos Daredo e Deputrans teñen unha orixe e motivación a consecuencia dunha iniciativa, vía moción, do Grupo Socialista na Deputación provincial que foi aprobada por unanimidade dos vinte e cinco membros da Corporación.
Aquela moción, aprobada na sesión plenaria do 31 de maio de 1992, viña formular unha actuación na provincia para tratamento de residuos, corrixindo os vertidos que se producían de forma indiscriminada e sen control, e conseguir un investimento en todo o mapa provincial para construción e mellora da rede de saneamento e abastecemento de auga potable, nos núcleos rurais superiores a vinte veciños.
Isto foi o inicio e base da posta en marcha dos proxectos Daredo e Deputrans, podendo sinalarse en consecuencia que os órganos políticos que lles deron vida aos citados proxectos foron o Pleno da Corporación, e posteriormente a Presidencia co encargo da elaboración dos citados proxectos.
Desde o momento da toma desas decisións os órganos políticos non tiveron ningunha outra intervención, máis que a estritamente necesaria, nos trámites administrativos que requirían a súa intervención para os efectos de cumprimentar estes.
Unha vez redactados os proxectos polos técnicos continuáronse trámites para execución destes, é dicir, todo se circunscribe a actuacións técnico-administrativas nas que os órganos políticos non interfiren para nada.
Sendo isto así, a Comisión informativa, á vista do voluminoso expediente administrativo, e unha vez analizado este, e tomando como punto de partida a propia denuncia da Oficina Europea de Lucha Antifraude –OLAF-, encamiña o seu traballo a examinar como se producen todos os traballos que se realizan para execución dos proxectos, posto que na citada denuncia da OLAF toda a súa argumentación faise no sentido de sinalar que as distintas actuacións que se levan a cabo no expediente de contratación conteñen unha serie de irregularidades de tipo administrativo que traería como consecuencia que a concesión de Fondos estruturais para os proxectos Daredo e Deputrans non estaría xustificada e daría lugar á devolución das cantidades certificadas.
A OLAF levou toda a súa su investigación exclusivamente a analizar os trámites e actuacións administrativas seguidas polos técnicos da Deputación Provincial.
Coñecendo a Comisión informativa o contido da denuncia da OLAF, e vendo o contido do expediente administrativo tramitado polos servizos técnicos da Deputación Provincial, a referida comisión entende que o primeiro e fundamentalmente a realizar debe ser obter o relato e xustificación da actuación dos técnicos, tratando de que estes sinalen como se produciu a súa intervención no expediente e se explique e xustifique esta.
Esta forma de proceder por parte da Comisión no é para deixar a un lado o exame da intervención que puideran ter os órganos políticos, senón precisamente para poder determinar se nalgún momento, trámite ou fase do expediente administrativo ademais da propia actuación dos técnicos se produciu intervención dalgún órgano político.
A Comisión de informativa, seguindo esta pauta de actuación, procedeu a chamar a comparecer ante ela aos funcionarios que tiveran participación nas distintas fases e trámites seguidos para a redacción e contratación dos citados proxectos Daredo e Deputrans.
Os funcionarios que compareceron ante a comisión, cada un deles manifestou que en ningún momento da súa intervención e actuación recibiu indicación, nin presión ningunha a favor dalgunha empresa concreta, nin tampouco se lles deu directriz ningunha para condicionar os requisitos que se debían establecer para a contratación da subministración de plantas depuradoras e asistencias técnicas. Nesta cuestión todos eles foron meridianamente tallantes, afirmando que actuaron con absoluta liberdade de criterio, e suxeitándose á máis estrita legalidade, segundo o seu saber e entender.
Os funcionarios comparecentes manifestaron ter coñecemento das alegacións que realizou a Diputación Provincial en relación co expediente de reintegro incoado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios; neste sentido, todos eles comparten e fan súas as ditas alegacións, posto que nelas se ven fundamentar, e en consecuencia rebater integramente, a oposición e absoluta discrepancia por parte da Deputación Provincial co informe –denuncia, da Oficina Europea de Lucha Contra el Fraude (OLAF), e nas ditas alegacións arguméntase e explícase todo o proceso seguido para a contratación dos proxectos Daredo e Deputrans, argumentación e explicación que ten como fundamentación os trámites seguidos e que implicitamente reflicten a actuación dos funcionarios.
Unha vez practicada a comparecencia dos funcionarios, a Comisión, á vista do manifestado por eles, e analizando á súa vez as referidas alegacións ao escrito da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios chega á conclusión de que o que se dilucida neste asunto é unha discrepancia profunda sobre un expediente administrativo baseada en criterios técnicos distintos, incluso discrepancia en canto a requisitos e trámites administrativos.
En relación co anterior a comisión non aprecia, nin ve constatable por ningunha parte, intervención ou mediación ningunha de órgano político da Deputación provincial sobre a actuación dos técnicos, e neste sentido nada poden dicir, nin se ve utilidade ningunha, sobre a intervención simplemente formal dos órganos políticos, que se ben interveñen en cuanto que son eles os que dan inicio ao expediente, e referendan coa súa aprobación e autorización as distintas fases e trámites do expediente de contratación, desta intervención non se aprecia, nin se deduce, e moito menos se pode constatar que incidise no traballo dos técnicos, traballo que en todo caso é asumido polos propios órganos políticos.
A Comisión informativa, que nace por un acordo adoptado por un órgano político, o Pleno da Corporación, para estudar, analizar e determinar se se dan posibles responsabilidades políticas, atópase ante un expediente que só manifesta actuacións técnico-administrativas, nas que no hai incidencias nin interferencias doutro aspecto ou natureza, e isto non obstante, a Comisión procedeu a tratar de buscar que a través das explicacións e fundamentacións dos técnicos que se puidese determinar se interviñera nalgún momento a influencia ou a participación dalgún órgano político no traballo dos técnicos, e isto non se constatou, nin se chegou a determinar.
E en relación con isto, a comisión non pode deixar de manifestar e considerar que a denuncia-informe da OLAF se sustenta sobre apriorismos e presuncións que postos en contraste coas razóns e fundamentos técnicos-xurídicos das alegacións realizadas pola Deputación Provincial non deixan outra saída que o ter que rexeitar absolutamente o dito informe-denuncia e evidentemente ter que deixar a resolución desta total discrepancia baixo o amparo das instancias e organismos competentes que non poderán ser outros que os xurisdicionais.
A presente comisión informativa celebrou todas as súas sesións coa única presenza nelas dos representantes do Grupo Popular, non asistindo a ningunha delas os representantes do Grupo Socialista e do Bloque Nacionalista Galego.
Por todo isto, a comisión chega á seguintes CONCLUSIÓNS:
1.- No se deron, por parte dos órganos políticos, instrucións, recomendacións ou insinuacións para que polos técnicos se estableceran unhas condicións determinadas que viñesen predeterminar ou favorecer a adxudicación dos contratos cara algunha empresa determinada.
2- Non se determina intervención de órganos políticos nos traballos dos técnicos que tramitan o expediente de contratación dos proxectos Daredo e Deputrans.
3.- A intervención dos técnicos nas distintas fases e trámites do expediente de contratación é seguindo exclusivamente criterios e normas técnico-xurídicas.
4.- Non se determinan responsabilidades políticas, nin administrativas, ou doutra orde dos órganos políticos que autorizan o expediente de contratación.
5.- Non se determinan responsabilidades administrativas, nin doutro tipo, dos técnicos que interveñen no expediente.
6.- Asumir na súa totalidade as alegacións realizadas pola Presidencia da Deputación provincial no expediente de reintegro iniciado pola Dirección Xeral de Fondos Comunitarios, organismo dependente do Ministerio de Facenda.
7.- Elevar estas conclusións á Presidencia da Diputación para o seu traslado ao Pleno da Corporación e, se se estima, a súa posterior remisión ao Xulgado de Instrución n.º 2 de Ourense para os efectos das Dilixencias Previas 416/2009.
Ourense, 27 de xaneiro de 2014
A COMISIÓN,