Convocadas as "Copas Deputación 2014", cunha dotación de 115.000 euros
A Deputación de Ourense ven de aprobar a convocatoria de concesión de subvencións para as "Copas Deputación " correspondente o exercicio de 2014, que poderán solicitar as federacións ou as entidades deportivas da provincia que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases publicaránse próximamente no Boletín Oficial da provincial, cunha dotación económica global de 115.000 euros.
O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación, mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas a desenvolver, prioritariamente, nunha ou varias xornadas, competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se desenvolvan integramente na provincia de Ourense durante a presente temporada 2013-2014.