Convocadas as Copas Deputación de Ourense 2013, cunha dotación de 115.000 euros
Ata o próximo 4 de marzo atópase aberto o prazo de solicitudes para as Copas Deputación de Ourense da temporada deportiva 2012-2013 que poderán solicitar federacións galegas e entidades deportivas da provincia de Ourense. O programa de Copas Deputación, cun forte arraigamento e tradición na nosa provincia, canaliza as axudas ó deporte de competición federado para garanti-la continuidade de determinadas competicións deportivas amateur que, en moitos casos, constitúen a única actividade regulada que se organiza na provincia. As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 28, do sábado 2 de febrero, cunha dotación económica global de 115.000 euros.
O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación Provincial de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a desenvolver,
prioritariamente, nunha ou varias xornadas, competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se leven a cabo na provincia de Ourense durante esta tempada deportiva 2012-2013. Na pasada edición o programa de Copas Deputación subvencionou competicións de un total de 34 disciplinas deportivas, algunhas cunha antigüidade de trinta anos.