A cooperativa do Ribeiro celebra o seu 50º aniversario
Ourense, 10 de xuño de 2018.-O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou hoxe na celebración do 50º aniversario da cooperativa do Ribeiro, Viña Costeira, en Ribadavia. No acto inaugurose un conxunto escultórico en homenaxe aos socios da cooperativa, obra de Acisclo Manzano, no miradoiro de San Cribrao. A adega, que iniciou a súa actividade en 1968, conta con máis de 650 viticultores, supera por tempada os 5 millóns de kilos de uva de produción, e factura cada ano 9,6 millons de euros.