Declaración da Xunta de Goberno da Deputación de Ourense con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero

Compartir

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, que se conmemora hoxe mércores, 25 de novembro, expresa o seguinte:

"No marco da conmemoración do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense quere manifestar a mais absoluta repulsa a calquera acto de violencia de xénero en calquera das súas manifestacións e o seu firme compromiso de traballar contra todo tipo de discriminación por razón de xénero.

A resposta á violencia de xénero debe ser entendida de xeito global dende todas as institucións, promovendo programas destinados as vítimas, pero tamén incidindo no ámbito educativo con campañas de sensibilización e prevención, fomentando a formación e capacitación de equipos educativos para identificar e axudar as vítimas, impulsando, así mesmo, a idea que é entre toda a sociedade como se vence e acaba coa lacra que supón a violencia de xénero.

O compromiso da Deputación de Ourense é firme a hora de promover en todos os ámbitos da vida modelos non sexistas, de igualdade entre mulleres e homes, implicando a toda a sociedade para evitar un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas, adoptando as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos tal como xa proclama a nosa Constitución e o noso Estatuto.

Neste sentido, tamén o Código Ético da Deputación de Ourense expresa en relación á Igualdade. no artigo referido a "Principios de bo goberno en relación coa xestión de prestacións e recursos públicos". o seguinte: "Garantirase a igualdade real e efectiva de mulleres e homes baixo os principios de igualdade de trato, igualdade de oportunidades, respecto á diversidade e á diferenza, integración da perspectiva de xénero, acción positiva, eliminación de roles e estereotipos en función do sexo, representación equilibrada e coordinación e colaboración".

Rematar coa violencia de xénero é unha prioridade, todas y todos debemos seguir loitando para que caia sobre os maltratadores todo o peso da lei, a xustiza e o rexeitamento social ata lograr a total desaparición da violencia de xénero."