Declaración institucional no Día Internacional da Muller
Ao cumprirse 25 anos desde que a Plataforma de Acción de Beijing ditaminou o plan de acción para eliminar a práctica arraigada que nega a participación pública equilibrada das mulleres en todo o mundo, os Concellos, Deputacións, Cabildos e Consells Insulars reunidos na FEMP declaramos, un ano máis, a nosa firme vontade de continuar construíndo unha sociedade xusta, onde homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e onde nenas e nenos crezan en igualdade de oportunidades, con independencia do seu xénero.
Cada Día Internacional da Muller, gobernos, institucións públicas e privadas, asociacións civís, axentes sociais e cidadanía saen ás rúas dos nosos pobos e cidades para facer balance dos logros alcanzados e esixir, cunha única voz, o cumprimento das medidas, tantas veces acordadas, que garantan, en nome do dereito e da xustiza, unha sociedade paritaria e participativa.
Este ano conmemoramos tamén o 5º aniversario da aprobación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e o seu firme compromiso para lograr o empoderamento de todas as mulleres, recoñecendo a importancia dunha axenda global ao redor dunha axenda compartida. Por iso, renovamos o noso compromiso co fomento da participación dos Gobernos Locais na elaboración e revisión de estratexias de igualdade e no fomento do diálogo multinivel cos diferentes ámbitos da Administración Local, Autonómica, Estatal, Europea e Internacional.
Este 2020, o 8 de marzo cobra unha especial importante porque á revisión dos logros é preciso sumar o seu defensa e a súa protección. Debemos seguir reunindo esforzos, desde a legalidade e a equidade e coas voces de todas e de todos, para que as mulleres vivan libres de medo, perciban o mesmo salario por un traballo de igual valor e estean representadas, en igualdade, nos órganos de decisión políticos e empresariais para propiciar a súa participación nunha sociedade que é tan súa como a do resto.
E para iso, corresponsablemente, homes e mulleres debemos impulsar o camiño que permitirá crear e consolidar economías e sistemas sociais e políticos baseados na defensa dos dereitos e liberdades fundamentais e na que os Gobernos Locais debemos asegurar o seu desenvolvemento en pé de igualdade.
En definitiva, para que a igualdade de xénero sexa unha realidade:
Por todo iso, os Gobernos Locais, reunidos na FEMP, propoñemos as seguintes iniciativas:
- Convidar a todas as Entidades Locais a adherirse a esta Declaración e sumámonos a todas as voces que claman por un futuro sen discriminación por razón de xénero, onde homes e mulleres formen parte da nosa sociedade en igualdade de dereitos e responsabilidades.
- Recoñecemos as medidas da Plataforma de Acción de Beijing como eixo estratéxico de traballo e asumimos, como propias, as esferas de especial preocupación: pobreza, educación e capacitación, saúde, violencia, conflitos armados, economía, poder e toma de decisións, mecanismos institucionais, dereitos humanos, medios de comunicación e medio ambiente.
- Reafirmar o noso compromiso coa cidadanía e coas súas necesidades, coa igualdade de trato e de oportunidades e co mandato constitucional que persegue o pleno establecemento dunha igualdade real e efectiva.
- Recoñecemos que a desigualdade se fundamenta en crenzas e comportamentos con base estrutural diversa, e asumimos a importancia de promover accións formativas e de sensibilización social.
- Ratificamos o noso compromiso coa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e co seu Obxectivo nº 5, relacionado coa Igualdade de Xénero, e recoñecemos ás colectivos vítimas de discriminación múltiple, moitas veces ocultos ata o de agora, como o das mulleres con discapacidade.
- Insistimos na necesidade de intensificar os esforzos no desenvolvemento de políticas encamiñadas a fomentar o emprego e o emprendemento, a educación para a igualdade de oportunidades, a incorporación das mulleres á sociedade da información e o apoio ás mulleres que viven no ámbito rural.
- Reclamamos a necesidade de dotar ás Entidades Locais dos medios necesarios para levar a cabo as competencias fixadas no Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero, para garantir o impulso de actuacións que contribúan á convivencia, o progreso e o desenvolvemento social e económico sostible.