MOCIÓN PARA A MODIFICACIÓN DA LEI 8/2019 DE 23 DE DECEMBRO DE REGULACIÓN DO APROVEITAMENTO LÚDICO DAS AUGAS TERMAIS DE GALICIA.

Compartir

O Grupo Provincial Democracia Ourensana defenderá esta moción no pleno da Deputación do mes de abril

Exposición de motivos:

É un feito indiscutible que a Lei 8/2019, do 23 de decembro, lonxe de promover a nosa riqueza termal natural, actuou como un obstáculo burocrático e unha ferramenta para sofocar o turismo termal en Ourense. A normativa vixente impón uns requisitos técnicos e sanitarios desproporcionados, deseñados desde unha perspectiva administrativa que ignora a realidade física e social das nosas pozas e espazos tradicionais.

Non podemos permitir que unha lei redactada sen ter en conta a Ourense siga obrigando ao peche de instalacións ou esixindo investimentos que non son asumibles para os concellos. A provincia non pide permiso para usar a súa auga; esixe unha normativa que respecte a súa identidade. É imprescindible que a Xunta de Galicia deixe de tratar os espazos de lecer como hospitais e permita que o turismo termal volva ser unha industria próspera, non paralizada pola hiperregulación.

Por todo o exposto, solicitamos:

1. ESIXIR a Xunta de Galicia modifique de inmediato a Lei 8/2019 para suprimir  todos os requisitos técnicos que equiparan inxustamente o aprovechamiento lúdico co balneario terapéutico, eliminando os obstáculos que actualmente impiden a apertura e a xestión eficiente das nosas instalacións.

2. ESTABLECER entre todos os grupos políticos da Deputación  as modificacións necesarias na Lei para que as normas de uso sexan de doado cumprimento, manteñan os estándares de saúde e hixiene e non xeren custos excesivos para as administracións.

3. ESIXIR que calquera modificación normativa sexa acordada de forma vinculante con esta Deputación e os concellos Ourensans, garantindo que non se aprobe nin un só artigo adicional que prexudique os intereses da "Capital Termal".