A Deputación agradécelle ao empresariado ourensán “o gran traballo diario que realiza a prol do noso territorio, xerando riqueza, creando traballo e fixando poboación”

Compartir

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, representou á Deputación na gala anual organizada pola CEO para recoñecer ás empresas ourensás: "Sempre atoparán na Deputación a unha firme aliada"

Ourense, 1 de decembro de 2023.- Este venres, 1 de decembro, a CEO celebrou a gala de entrega de premios no restaurante A Carballeira, un acto ao que asistiron representantes do tecido empresarial da provincia, así como autoridades políticas, económicas e empresariais de ámbito local, provincial e rexional.

Representando á Deputación de Ourense asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen participou activamente no acto. Na súa intervención, felicitou ás empresas homenaxeadas e quixo aproveitar a gala "para agradecer ao tecido empresarial ourensán o gran traballo que realiza a diario a prol do noso territorio xerando riqueza, creando traballo, fixando poboación e, polo tanto, facendo provincia. E, precisamente, e aí onde atoparán sempre a man tendida da Deputación de Ourense, firme aliada, como así o temos demostrado, da Confederación Empresarial de Ourense".

Un total de 6 empresas foron galardoadas no transcurso do evento nas categorías de Empresa Familiar, Innovación, Sustentabilidade, Responsabilidade Empresarial, Comercio e premio José Manuel Pérez Canal á Exportación.