A Deputación apoia a 19ª edición do Festival Internacional Rebulir que terá lugar en Ramirás ata o 22 de decembro

Compartir

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu a presentación deste certame, "un dos referentes máis importantes da cultura galega tradicional", tal e como o definiu o director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez.

Ourense, 19 de decembro de 2024.

A localidade de Ramirás acollerá ata o 22 de decembro unha edición máis, e xa van 19, do Festival Internacional Rebulir, "un dos referentes máis importantes da cultura tradicional galega", tal e como o definiu o director da Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez, durante a presentación deste certame, que tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Vázquez tamén subliñou a vontade da Deputación de colaborar con este evento e transmitiu, en nome do presidente provincial, os seus parabéns á organización do FIR.

Ademáis, neste certamen entregarase o XIII Premio Rebulir de Cultura Galega, que nace no ano 2012 como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións. Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz. A entrega do premio faise no marco da Gala central do FIR (Festival Internacional Rebulir) e consiste na entrega dun diploma acreditativo e dunha estatuilla identificativa do galardón. O Xurado está composto por diferentes representantes dos colectivos organizadores do Premio e tamén por convidados/as externos/as con unha traxectoria relevante no mundo da cultura galega.

Programa: https://www.festivalrebulir.info/p/programa.html