A Deputación apoia o Día Mundial da Investigación en Cancro

Compartir

Ourense, 24 de setembro de 2024.

Con motivo do Día Mundial da Investigación en Cancro, que se celebra hoxe, 24 de setembro, a AECC Ourense insiste na importancia de impulsar a innovación na investigación oncolóxica para achegar os resultados aos pacientes e mellorar a supervivencia en cancro, motivo da iniciativa "Todos contra o cancro", co obxectivo de superar o 70% de supervivencia media en 2030.

Por este motivo, a Asociación contra o Cancro en Ourense vén de organizar unha Mesa de Investigación na que participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, amosando así o compromiso inquebrantable da Deputación coa AECC, pois na mesa quedou de manifesto que da investigación depende en gran medida a supervivencia da enfermidade que, actualmente, sitúase nunha taxa de 55,3% en homes e de 61,7% en mulleres.