A Deputación asiste á estrea comercial de "Malencolía", filme patrocinado pola institución provincial

Compartir

Ourense, 25 de marzo de 2022. - A Deputación de Ourense asistiu en A Coruña á estrea comercial de "Malencolía". O filme de Alfonso Zarauza, patrocinado pola institución provincial e rodado integramente en Ourense, proxéctase dende este venres en 24 salas comerciais de Galicia -récord para un filme galego-. O asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, acompañou en representación do goberno provincial ao equipo dun filme que tivo a súa estrea na gala de clausura do OUFF 2021 e que acaba de sumar dous Mestre Mateo -Diego Anido y Iolanda Muíños, como mellor actor e actriz de reparto-.   (Fotografías da estrea: Mario Llorca)