A Deputación, co FIC Vía XIV

Compartir

Verín, 29 de agosto de 2024.

O festival presentou onte a programación completa nunha rolda de prensa na que participaron Samanta Barreira, concelleira de Cultura,Turismo, Festexos e Conservatorio; Marcos Vázquez, director de Cultura e Deporte da Deputación de Ourense; e Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. O festival bota a andar hoxe xoves coa participación de 26 filmes, de más de 10 nacionalidades diferentes, e cunha completa axenda con máis dunha vintena de actividades paralelas concibidas para todos os públicos. A presentación inaugural e benvida a toda veciñanza, terá lugar na Praza García Barbón ás 22:15h.