A Deputación, co XIV Encontro Internacional de Poesía "Víctor Campio", organizado polo Círculo Poético Ourensán

Compartir

Ourense, 11 de outubro de 2024.

O director da Área de Cultura e Deporte, Marcos Vázquez, recibiu esta mañá no Pazo Provincial aos integrantes do XIV Encontro Internacional de Poesía "Víctor Campio", organizado polo Círculo Poético Ourensán, que este ano ten por lema "Armándonos de Poesía, loitando pola Paz". No encontro compartíronse reflexións sobre o poder da poesía no contexto actual como ferramenta de transformación social e como promoción da paz e unión entre todas as persoas e os pobos, así como a saúde da poesía no ámbito territorial da nosa provincia.