A Deputación colabora co festival de música clásica Hércules Brass que se celebra en Celanova do 29 de xullo ao 2 de agosto

Compartir

Celanova, 22 de xullo de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Mosteiro de San Salvador en Celanova, na presentación da X edición do festival de música clásica Hércules Brass, co que colabora a Deputación de Ourense.

Nesta nova edición deste evento musical, o público poderá gozar de cinco concertos na vila de San Rosendo desde o 29 de xullo ao 2 de agosto. Todas as citas serán ás 20.30 horas.