A Deputación colabora co proyecto "RecomendaValdeorras" que pon en valor os recursos turísticos da comarca
O Barco de Valdeorras, 18 de outubro de 2024.
A deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, asistiu hoxe á presentación na Casa Grande de Viloira, da segunda edición do proxecto RecomendaValdeorras que lanza a Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), en colaboración coa Deputación de Ourense e a Axencia de Turismo da Xunta.
Este innovador programa ten como obxectivo promover e poñer en valor os recursos turísticos da comarca, formando aos participantes como auténticos "Recomendadores/as de Valdeorras".