A Deputación colabora coa 7ª edición do Festival RiR que se celebrará do 1 ao 7 de setembro en Allariz

Compartir

Allariz, 31 de xullo de 2024.

O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, participou hoxe no Campo dos Brancos en Allariz, na presentación da 7ª edición do Festival RiR (Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia) que se celebrará do 1 ao 7 de setembro nesta vila coa colaboración da Deputación de Ourense.