A Deputación colabora na celebración da primeira fase do XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas

Compartir

Ourense, 16 de marzo de 2023.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Xinzo de Limia na presentación da primeira fase do XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que se celebrará nesta vila o 25 e 26 de marzo coa colaboración do goberno provincial.

Rosendo Fernández -que interviu nesta rolda de prensa xunto á alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o director da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo, Fernando Dopico-insistiu na importancia da cooperación institucional para levar a cabo este tipo de iniciativas, e puxo en valor a importancia deste certame como ferramenta didáctica e vehículo transmisor dos valores culturais do país. O vicepresidente provincial tamén lembrou os vencellos históricos de Xinzo coas bandas de gaitas, sinalando fitos como o primeiro campionato provincial celebrado na vila nos anos 90.