A Deputación colabora na XIV Feira de Artesanía de Cortegada
Ourense, 8 de agosto de 2024.
O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel, na presentación da XIV Feira de Artesanía de Cortegada que se celebrará os días 17 e 18 de agosto.
O programa desta festa inclúe unha ruta de tapas pola localidade que estará amenizada pola charanga El Brexit e continuará cun concerto de Óscar Ibáñez & Tribo.
As actividades continuarán o domingo, 18 de agosto, a partir das 11:00 horas coa apertura da feira, das atraccións ecolóxicas e talleres infantís de artesanía. Ao longo de todo o día haberá, ademais do xantar, diversas propostas de animación, música, actividades deportivas e degustación de viños do Ribeiro.