A Deputación colabora no Campionato de España Absoluto de Halterofilia e o Campionato Nacional por Federacións
Ourense, 4 de xuño de 2024.
O deputado provincial Jorge Pumar, participou hoxe en Expourense na presentación do Campionato de España Absoluto de Halterofilia e o Campionato Nacional por Federacións. Trátase de dous eventos de máximo nivel, organizados pola Real Federación Española de Halterofilia en categoría masculina e feminina, que atraerá á cidade de Ourense a 400 persoas da organización -máis acompañantes-, procedentes de toda España, durante a fin de semana do 8 e 9 de xuño.