A Deputación, con Cáritas

Compartir

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, mantivo un encontro coa directiva desta entidade que atende a máis de 3.000 persoas en situación de vulnerabilidade

A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, acompañada de directora adxunta da área de Benestar Social, Montse Rodríguez, visitaron as instalacións de Cáritas Diocesana de Ourense. Estiveron acompañadas por María Tabarés Domínguez, directora da entidade;  Óscar Diéguez e María Carmen Alonso, ambos membros do equipo de coordinación de programas. Alí abordaron posibles vías de colaboración coa Deputación para atender a máis de 3.000 persoas en situación de vulnerabilidade na provincia e que reciben axuda dende Cáritas.