A Deputación de Ourense abre a convocatoria de 44 prazas para o Programa de Mobilidade Europea para titulados universitarios
A Deputación de Ourense, a través do Servizo de Fomento do Emprego, Igualdade e Asuntos Humanos, ven de abrir a convocatoria de 44 prazas para o Programa de Mobilidade Europea cuxo prazo remata o vindeiro 17 de outubro. Dende o inicio da iniciativa en 2008 xa son 400 alumnos os que tiveron a oportunidade de participar e outros 46 están a desenvolver este proxecto, configurado como unha política activa de emprego que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade dos participantes no mesmo.
O programa ofrece un período de prácticas integrado e experiencia de traballo en empresas de países pertencentes á Unión Europea, e está co-financiado por fondos europeos. A súa finalidade é mellorar as competencias dos titulados e facilitar a súa posterior inserción no mercado de traballo, garantindo a aprendizaxe avanzado dunha lingua estranxeira como lingua de traballo. O programa inclúe: billete de avión de ida e volta, preparación lingüística no país de destino, organización de prácticas profesionais nunha empresa seleccionada -tendo en conta a titulación académica do beneficiario- titoría de estancias laborais, aloxamento e axuda económica mensual de manutención, bono de transporte local e seguro de enfermidade e accidentes.
Os interesados poden consultar toda a información do programa no enderezo electrónico: http://becasinternacionales.depourense.es dirección, ou no Servizo de Fomento do Emprego da Deputación de Ourense (988 385 191 - 988 385 173).