A Deputación de Ourense apoia aos traballadores de Unitono
- A corporación provincial aprobou no pleno de hoxe unha declaración institucional que recolle o apoio dos grupos políticos aos traballadores de Unitono Ourense, e que se inste á empresa a garantir por escrito a carga de traballo e salarios.
- En materia de Servizos Sociais aprobouse o Programa BenOurense Infancia – Servizos Complementarios de cooperación cos concellos.
Ourense, 26 de abril de 2019.- O pleno da Deputación de Ourense aprobou hoxe, na sesión ordinaria correspondente ao mes de abril, unha declaración institucional de apoio aos traballadores de Unitono Ourense, que desenvolven o seu traballo nas instalacións situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). A declaración recolle o apoio dos grupos políticos que conforman o pleno da Deputación de Ourense a todos os traballadores de Unitono Ourense; que se inste a Unitono a garantir por escrito a carga de traballo e salarios de todos os traballadores de Unitono, ben derivando carga de traballo de outros centros para Ourense ou ben comprometéndose a non tomar ningunha medida de regulación de emprego contra o persoal de Unitono Ourense e volcar todos os seus esforzos en lograr novos clientes. Tamén recolle o acordo plenario pedir á compañía Naturgy a garantía do dereito dos galegos a seren atendidos en galego pola empresa prestadora do servizo de atención telefónica e contribuír asemade ao mantemento do emprego en Ourense; e instar a Unitono a constituír unha mesa de traballo plural na que se garanta a representación do comité de empresa, coa finalidade de desenvolver a colaboración para as actuacións necesarias para asegurar a carga de traballo que permita manter a actividade e os postos de traballo. E finalmente, solicitar da empresa Naturgy un compromiso firme e por escrito coa provincia de Ourense de manter a carga de traballo no centro de atención ao cliente de Unitono Ourense de forma duradeira.
Por outra banda, na sesión plenaria de hoxe aprobouse tamén, en materia de Servizos Sociais, o Programa BenOurense Infancia – Servizos Complementarios de cooperación cos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, para a concesión de axudas para os servizos complementarios á infancia, referíndose a aqueles servizos de titularidade municipal que se desenvolven funcións de atención e coidado fóra da xornada ordinaria dos centros escolares para nenos de entre 3 e 12 anos.
Para este programa, que ten como obxectivo actuar como soporte e apoio ás familias contribuíndo á conciliación da vida laboral e familiar, a Deputación de Ourense destina un orzamento total de 125.000 euros. A través deste programa a Deputación de Ourense subvencionará gastos de persoal, gasto de mantemento dos centros e demais gastos inherentes aos servizos prestados dentro do "servizo complementario".
Os restantes acordo do pleno foron os seguintes:
EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS E DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2019 MEDIANTE A CONCESIÓN DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO N.º 3/2019
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente n.º 3/2019, co seguinte detalle:
CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
433.00/831.00 |
Préstamo a longo prazo. Desenvolvemento empresarial |
450.602.02 € |
RECURSOS UTILIZADOS
|
Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais |
450.602.02 € |
2º.- Aprobar a modificación, no que se refire á especificación do capítulo VII de gastos, experimentando a seguinte variación cualitativa:
a) Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións", prevíase unha subvención ao Concello de Castro Caldelas para o saneamento en diversos núcleos por importe de 50.000,00 euros. En base á solicitude do Concello de Castro Caldelas de data 28 de marzo de 2019 e entrada no rexistro electrónico da Deputación o 29 de marzo de 2019 proponse o cambio da finalidade da subvención pasando a ser o de " Saneamento do núcleo dos Espiñeiros e arranxo de redes viarias nos núcleos de A Pola, Ventosa, Real da Pousa, Montemiau e Penelas"
450.12/762.01 "Cooperación provincial. A Concellos subvencións"
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Concello de Castro Caldelas |
Saneamento do núcleo dos Espiñeiros e arranxo de redes viarias nos núcleos de A Pola, Ventosa, Real da Pousa, Montemiau e Penelas |
50.000,00 € |
3º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
EXPEDIENTE N.º 2/2019 DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA DO INORDE PARA O EXERCICIO 2019
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe € |
|
Círculo de Empresarios de Galicia |
Gastos de funcionamento e mantemento. |
40.000,00.- |
|
Asociación de Comerciantes Centro Comercial Aberto Ourense |
Actividades do centro. |
8.000,00.- |
|
Total |
48.000,00.- |
|
2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177,2 do mesmo texto legal, o expediente seralle exposto ó público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
EXPEDIENTE N.º 3/2019 DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA DO INORDE PARA O EXERCICIO 2019
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:
|
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO |
||
|
Partida |
Expresión |
Importe € |
|
42211/622.00 |
Investimentos en inmobles |
34.167,37.- |
|
42211/226.19 |
Actividades turísticas xeodestino n.º 12 Manzaneda-Trevinca |
42.500,00.- |
|
42211/226.20 |
Actividades turísticas xeodestino n.º 10 Celanova-Baixa Limia |
23.000,00.- |
|
Suma suplementos de crédito |
99.667,37.- |
|
|
CONCESIÓN DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS |
||
|
Partida |
Expresión |
Importe € |
|
42211/831.00 |
Anticipos reintegrables |
20.000,00.- |
|
42211/221.98 |
Gastos diversos RED_AGRICONECT4.0 |
421,41.- |
|
42211/223.02 |
Viaxes e aloxamentos RED_AGRICONET4.0 |
510,00.- |
|
42211/227.08 |
Gastos profesionais independentes RED_AGRICONECT4.0 |
3.100,00.- |
|
42211/221.97 |
Gastos diversos CIRCULAR LABs |
474,27.- |
|
42211/223.03 |
Viaxes e aloxamentos CIRCULAR LABs |
200,00.- |
|
42211/227.09 |
Gastos profesionais independentes CIRCULAR LABs |
1.516,97.- |
|
42211/221.96 |
Gastos diversos CAMINOS |
216,36.- |
|
42211/223.04 |
Viaxes e aloxamentos CAMINOS |
74,00.- |
|
42211/227.10 |
Gastos profesionais independentes CAMINOS |
26.375,00.- |
|
42211/622.01 |
Equipamentos CAMINOS |
2.110,99.- |
|
Suma créditos extraordinarios |
54.999,00.- |
|
|
RESUMO |
||
|
Suma suplementos de crédito …………………………………………………….. |
99.667,37.- |
|
|
Suma concesión de créditos extraordinarios …………………………………….. |
54.999,00.- |
|
|
Total |
154.666,37.- |
|
|
RECURSOS UTILIZADOS |
||
|
Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais |
154.666,37.- |
|
2º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177,2 do mesmo texto legal, o expediente seralle exposto ó público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
DEFENSA DA AUTONOMÍA E DO PATRIMONIO LINGÜÍSTICO DE GALICIA
Acordo:
Reafirmar o seu compromiso co autogoberno de Galicia e co Estatuto de Autonomía para Galicia, facendo especial fincapé no seu artigo 5º ("A lingua propia de Galicia é o Galego").