A Deputación de Ourense aproba conceder a Carlos Casares a medalla de ouro da provincia, a título póstumo

Compartir

  • O expediente de honra sinala que se lle outorga esta distinción ao intelectual ourensán "como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá".

  • A corporación provincial tamén aprobou dúas iniciativas sobre violencia de xénero e, no ámbito da transparencia, acordou habilitar un espazo na web da Deputación para que os cidadáns poidan seguir o cumprimento das mocións aprobadas nas sesión plenarias.

Ourense, 24 de novembro de 2017.- O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión de hoxe, correspondente ao mes de novembro, celebrada no Pazo Provincial, conceder ao escritor Carlos Casares a medalla de ouro da provincia, a título póstumo. O expediente de honra sinala que se lle outorga esta distinción ao intelectual ourensán "como homenaxe e recoñecemento do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá". Tamén sinala o expediente que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren no escritor Carlos Casares "son determinantes para avaliar as calidades que honran a este persoeiro", e é obrigado deber da Deputación promover a exaltación dos fillos ilustres da provincia de Ourense "que dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento, tanto cultural, artístico, musical, social como económico".

Na sesión plenaria de hoxe a corporación tamén aprobou dúas iniciativas sobre violencia de xénero: unha para instar á Xunta a avanzar no Pacto galego contra a violencia machista, e a cumprir e avaliar o grao de cumprimento da normativa en materia de igualdade, así como comprometer o apoio da corporación as mobilizacións que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista; a segunda iniciativa aprobada neste ámbito abrangue subscribir o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero; desenvolver un pacto provincial contra as violencias machistas, e constituír un Consello provincial da muller. Por outra banda, no ámbito da transparencia, acordouse habilitar un espazo na páxina web da Deputación para que os cidadáns poidan seguir o cumprimento das mocións aprobadas nas sesión plenarias.

A totalidade de acordos do pleno de hoxe, que contou coa asistencia de alumnos do colexio "Mestre Vide" no día previo ao comezo das actividades da 5ª Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación, son os seguintes:

RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS Á APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO XERAL DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA 2018 E APROBACIÓN DEFINITIVA

Acordo:

Primeiro.- Desestimar a reclamación presentada polo Concello de Verín contra o orzamento para o exercicio 2018 inicialmente aprobado.

Segundo.- Asumir o compromiso firme de incluír a previsión dunha subvención nominativa a favor do Concello de Verín para o financiamento das obras de urbanización e equipamento mobiliario do Centro Cultural das Artes de Verín nos orzamentos de 2018. Esta previsión incluirase a través do primeiro expediente de modificación de crédito (crédito extraordinario) que se tramite no exercicio 2018, financiándose con cargo ao remanente de Tesourería derivado da liquidación do exercicio 2017. O presente compromiso queda, en todo caso, condicionado á existencia de remanente de tesourería positivo derivado da liquidación do exercicio 2017 para o seu financiamento.

Unha vez aprobada a modificación orzamentaria, a subvención nominativa tramitarase de oficio, podendo acumularse nun único acto a concesión da subvención e a súa xustificación, ao tratarse dunha actuación xa realizada, e sempre e cando obre no expediente a documentación xustificativa correspondente.

Terceiro.- Prestarlle aprobación definitiva ao orzamento xeral e bases de execución da deputación para o exercicio 2018, de conformidade co establecido no artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, conforme co documento aprobado inicialmente o 29 de setembro de 2017, segundo o seguinte detalle:

CLASIFICACIÓN ECONÓMICA:

A) Ingresos, resumo por capítulos:

1. Operacións correntes:

I.- Impostos directos

4.605.000,00

II.- Impostos indirectos

4.030.000,00

III.- Taxas e outros ingresos

4.458.461,13

IV.- transferencias correntes

66.182.047,37

V.- ingresos patrimoniais

219.511,75

2. Operacións de capital:

VI.- Alleamento investimentos reais

21.000,00

VII.- Transferencias de capital

890.979,75

VIII.- Activos financeiros

300.000,00

IX.- Pasivos financeiros

0,00

B) Gastos, resumo por capítulos:

1. Operacións correntes:

I.- Gastos de persoal

31.798.524,56

II.- Gastos bens correntes e servizos

18.923.476,00

III.- Gastos financeiros

17.962,75

IV.- Transferencias correntes

13.213.768,95

V.- Fondo de continxencia

10.000,00

2. Operacións de capital:

VI.- Investimentos reais

14.610.872,47

VII.- Transferencias de capital

663.528,20

VIII.- Activos financeiros

300.000,00

IX.- Pasivos financeiros

1.168.867,07

Cuarto.- Inserir no Boletín Oficial da Provincia, resumido por capítulos, o orzamento xeral, segundo o que establece o artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Igualmente será obxecto de publicación o cadro de persoal en base ó preceptuado no artigo 127 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

FIXACIÓN DUNHA VIXENCIA DE DOUS ANOS PARA O PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO POR INCREMENTO DE REGRA DE GASTO

Acordo:

1º- Dotar ao Plan Económico Financeiro por incumprimento da regra de gasto na liquidación do exercicio 2016 dunha vixencia de dous anos.

2º- Remitirlle á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Xunta de Galicia, o presente plan, segundo o artigo 23.4 da Lei 2/2012.

EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS N.º 4/2017

Acordo:

1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

450.12/762.01

A Concellos. Cooperación provincial

26.000,00 €

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

334.20/489.00

Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións

36.000,00 €

334.20/462.00

A Concellos. Actividades culturais e recreativas

10.000,00 €

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

APLICACIÓN

EXPRESIÓN

IMPORTE €

241.11/627.03

Plano de emprego xuvenil. Fomento do emprego

80.000,00 €

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais

152.000,00 €

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais

152.000,00 €

2º.- Nas bases de execución do orzamento da Deputación Provincial de Ourense procede concretar o capítulo VII de gastos que se ve modificado neste expediente, polo que se procede á especificación da aplicación para a que se habilite crédito nesta modificación orzamentaria:

Con cargo á aplicación orzamentaria 450.12/762.01. A Concellos. Cooperación provincial:

Beneficiario

Finalidade

Importe

Concello de Muíños

Pantalán complexo deportivo O Corgo

80.000,00

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.00. Actividades culturais e recreativas  outras subvencións:

Beneficiario

Finalidade

Importe

Fundación Curros Enríquez

Gastos de funcionamento

36.000,00 €

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/462.00. A concellos actividades culturais e recreativas:

Beneficiario

Finalidade

Importe

Castro Caldelas

Proxecto cultural

10.000,00 €

3º.- Aprobar a seguinte modificación cualitativa por corrección de erro no nome do beneficiario da subvención:

Con cargo á aplicación orzamentaria 334.20/489.00 "Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións", prevíase unha subvención ao Clúster de Comunicación para "actividades 2016" por importe de 5.000,00 euros. En base ao escrito remitido por este en data 26/10/2017, proponse a corrección do nome do beneficiario de dita subvención debido á existencia dun erro na modificación 2/2017, quedando da seguinte maneira: 334.20/489.00 "Actividades culturais e recreativas. Outras subvencións":

Beneficiario

Finalidade

Importe

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

Actividades 2016

 5.000,00 €

4º.- De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

PROGRAMA BENOURENSE TÉCNICOS 2018

Acordo:

1º.- Aprobar inicialmente as bases do Programa de Cooperación BenOurense Técnicos 2018.

Constitúe o obxecto do Programa Provincial de Asistencia Económica, Técnica e Xurídica aos Concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios para o exercicio 2018. Programa BenOurense Técnicos,  o establecemento, de xeito integral e detallado, regulando os trámites para a súa total execución, das accións que lle corresponde desenvolver á Deputación Provincial de Ourense en virtude das competencias atribuídas polos artigos 109.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

En consecuencia, e ao abeiro dos preceptos citados, o obxecto do Programa cínguese á programación detallada das accións de asistencia técnica, económica e xurídica aos concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos sociais comunitarios básicos. Para estes efectos, inclúense tamén as mancomunidades intermunicipais que xestionen servizos sociais dun conxunto de municipios con menos de 20.000 habitantes, ao tratarse de meras entidades instrumentais dos concellos que exercen competencias delegadas por aqueles.

Tendo en conta  o disposto no artigo 31.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, este Programa refírese á:

1.Acción 1ª.asistencia económica, co obxecto de garantir o financiamento aos concellos e mancomunidades de menos de 20.000 habitantes para a contratación ou nomeamento de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ao de traballador/a social.

2.Acción 2ª: asistencia técnica e xurídica en materia de servizos sociais, complementaria da asistencia económica. Esta prestación levarase a cabo por persoal da Área de Benestar da Deputación, consistindo na emisión de informes técnicos e xurídicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase de xeito prioritario ás entidades locais correspondentes a áreas rurais  de menos de 5.000 habitantes e rurais de alta dispersión.

Procedemento de adhesión dos concellos e mancomunidades:

Ao abeiro do establecido na Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no artigo 14.2, a presentación de solicitudes tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria que a presentación de solicitudes sexa conforme co previsto nesta base.

Os concellos e mancomunidades interesados en participar no Programa deberán comunicarlle a súa adhesión á Deputación Provincial, mediante resolución da Alcaldía (ou órgano delegado, se é o caso), na que se manifeste expresamente a asunción das obrigas e compromisos previstos no Programa, para o que deberán utilizar obrigatoriamente os modelos facilitados pola Deputación e que deberán ser descargados na aplicación informática http://benourense.depourense.es .

A comunicación da adhesión asinarase dixitalmente polo alcalde, presidente ou secretario da entidade local e remitirase telematicamente a través da plataforma  antes do 31  de xaneiro de 2018.  Non se admitirá ningunha solicitude de adhesión formulada en data posterior.

A Deputación Provincial poderá conceder un prazo de ata 10 días hábiles para a corrección de deficiencias nas solicitudes de adhesión.

A presentación da solicitude telemática en tempo e forma determinará a adhesión da entidade local ao Programa, sen necesidade de máis trámites. Sen prexuízo do anterior, e para os efectos de publicidade, as subvencións concedidas e os seus importes declararanse expresamente mediante resolución da Presidencia que será obxecto de publicación no BOP. Nesta mesma resolución da Presidencia denegarase a adhesión a aquelas entidades cuxa solicitude non se axuste ao establecido no presente Programa ou no modelo de adhesión.

A adhesión das entidades locais beneficiarias constitúe un requisito de efectividade do Programa, polo que as entidades locais que non se adhiran no prazo sinalado no parágrafo anterior se entenderá que renuncian a participar no Programa, causando baixa automática nas súas previsións.

Coa adhesión os concellos e mancomunidades  manifestarán expresamente a asunción das obrigas previstas neste programa e, de forma específica, a aceptación das normas  de uso da plataforma informática http://benourense.depourense.es no programa para a contratación de técnicos.

De conformidade co establecido na disposición adicional 8ª da Lei xeral de subvencións e no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación de Ourense, as subvencións de asistencia económica previstas no presente Programa rexeranse polo establecido nas presentes bases, sendo as normas da Lei xeral de subvencións e da dita Ordenanza de aplicación supletoria.

Non obstante o anterior, serán de aplicación as normas xerais das subvencións da Deputación en todo o relativo á xustificación, reintegro, perda do dereito á subvención e control financeiro, no que non contradiga expresamente o establecido nas presentes bases.

Bases relativas á Acción 1: Equipos técnicos municipais de servizos sociais:

Obxecto:

En virtude desta actuación, a Deputación Provincial subvencionará a contratación ou nomeamento de profesionais titulados que se  integren nas unidades de servizos sociais das entidades sociais que, segundo o previsto no Anexo II do Decreto 99/2012, do 16 de marzo teñan clasificación de Unidades de Traballo e Educación Social (UTES), ou Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS)

A través do presente Programa, a Deputación subvencionará exclusivamente a contratación ou nomeamento dos profesionais titulados que se integren nas unidades de servizos sociais das  entidades locais de menos de 20.000 habitantes que non sexan subvencionados pola Xunta de Galicia, conforme co previsto no artigo 47 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo. No caso de adscricións de funcionario/a ou persoal laboral de concellos e/ou mancomunidades terá que estar en situación laboral de alta para poder ser subvencionado con cargo a este programa.

No contrato, ou na decisión formal de adscribir a persoal propio da entidade, deberá reflectirse a titulación do profesional (ou profesionais), así como a categoría profesional da persoa que se adscribe/contrata e as funcións que desenvolve dentro da/s unidade/s de servizos sociais.

Poderá xustificarse o custo laboral bruto dende o 1 de xaneiro de 2018. En todo caso, para o cobro da cantidade total asignada, terase en conta que o período de contratación pola entidade sexa, cando menos, de  7 meses no exercicio  2018 e en xornada superior ás 20 horas semanais.  No caso de que a duración do contrato fose inferior en tempo ou en xornada laboral  realizarase un rateo da subvención aprobada  para este concepto.

A subvención concedida pola Deputación de Ourense para a contratación/adscrición será incompatible con calquera outra concedida por outra administración pública para co-financiamento do mesmo contrato/retribución.

Os profesionais contratados/adscritos deberán formar parte do equipo municipal de servizos sociais comunitarios da entidade e desenvolver  funcións relacionadas, o cal se documentará cun certificado do secretario municipal no que conste que o profesional desenvolve funcións do ámbito dos servizos sociais municipais.

En concreto, serán beneficiarias de subvención as entidades locais (concellos ou mancomunidades) que se atopen clasificadas nos seguintes supostos conforme co Anexo I do Decreto 99/2012, do 16 de marzo:

a) Entidades locais de áreas rurais de 5.000 ata 12.000 habitantes: 1 técnico equivalente a un Grupo A, subgrupo A2  -diferente ao/á traballador/a social- que complemente os servizos sociais e desenvolva  a totalidade da súa xornada laboral dentro deste ámbito.

b) Entidades locais de áreas rurais de máis de 12.000 e menos de 20.000 habitantes: 1 técnico/a igual o equivalente a un grupo A, subgrupo  A2,  – diferente ao/á traballador/a social que desenvolva a totalidade da súa xornada laboral dentro da área de  servizos sociais do concello ou mancomunidade, e 1 técnico/a igual ou equivalente a un grupo A, subgrupo A1 que desenvolva a totalidade da súa xornada laboral dentro da área de servizos sociais.

O importe da subvención por profesional será equivalente ao módulos económicos previstos no artigo 47.3 do Decreto 99/2012 de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e a seu financiamento modificados por Orde de 13 de xullo de 2016 (D.O.G número 140 de 26 de xullo de 2016).

- Por cada técnico/a Grupo A, subgrupo A2 (UTES e UNIS): 16.815,00 euros.

- Por cada Técnico Grupo A, subgrupo A1  (UNIS): 20.229,00 euros.

O cadro de distribución das subvencións por entidades beneficiarias, cos importes correspondentes, figura como anexo I do Programa.

Xustificación e pagamento:

A xustificación realizarase do seguinte xeito:

a) Unha vez realizado o(s) contrato(s) ou nomeamento(s) do(s) técnico/a(s), o concello ou mancomunidade terá que introducir no sistema de xestión telemática os datos referidos a este contrato ou nomeamento, especificando categoría profesional, xornada de traballo, nome, apelidos e NIF, e o custo laboral previsto para estas persoas desagregando a retribución bruta e o custo de seguridade social con cargo á entidade local.

No suposto en que a entidade local xa dispuxese do persoal técnico obxecto de subvención con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018, farase constar esta circunstancia, considerándose que o persoal está contratado ou nomeado con data de 1 de xaneiro, para os efectos da xustificación da subvención.

Para a carga dos datos no sistema deberá utilizarse o modelo definido pola Deputación e que será descargado da propia plataforma informática. O sistema permitirá xerar a certificación final , que deberá remitirse telematicamente a través do propio sistema ata o 31 de decembro de 2018, xunto cunha memoria descritiva dos servizos sociais efectivamente prestados segundo o modelo que figure na plataforma.

A recepción da certificación e a memoria equivalerá ao acto administrativo de declaración da xustificación da subvención, procedéndose no prazo máximo de 30 días naturais  ao libramento do importe xustificado, que será o equivalente ao 30 % da contía máxima de subvención inicialmente prevista, agás que o contrato ou nomeamento do persoal técnico tivese unha vixencia inferior ao semestre natural ao que se refire, en cuxo caso o seu importe ratearase proporcionalmente de xeito automático.

O prazo de presentación da xustificación final terá carácter improrrogable, agás causa debidamente xustificada. En todo caso, a prórroga deberá solicitarse antes do 31 de decembro de 2018, e poderá concederse, sempre que se aprecie a concorrencia de causa xustificativa, como máximo ata o 1 de marzo de 2019. En ningún caso se concederá prórroga para un prazo vencido. Aquelas entidades que non presenten a xustificación no prazo previsto, sexa este o xeral previsto nestas bases ou excepcional  outorgado tras unha petición razoada, terán unha penalización equivalente o 30% da subvención no caso de que finalmente xustifiquen a subvención, ao abeiro do previsto no artigo 70.3 do Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, durante a tramitación do expediente de perda do dereito ao cobro da subvención.

Bases relativas á Acción 2: Asistencia técnica e xurídica aos servizos sociais municipais.

O equipo técnico provincial de servizos sociais integrarase por empregados públicos ao servizo da  Deputación Provincial, que operarán baixo a dependencia da Área de Benestar  e realizarán labores de coordinación e apoio aos equipos municipais e mancomunais, comprendendo a prestación de asesoramento e emisión de informes técnicos e xurídicos en materia de servizos sociais. Este servizo prestarase en función dos medios dispoñibles pola Deputación Provincial en cada momento, e dirixirase prioritariamente ás entidades locais correspondentes a áreas rurais de menos de 5.000 habitantes e áreas rurais de elevada dispersión. Estas prestacións serán gratuítas para os concellos e mancomunidades, sendo por conta da Deputación  todos os custos salariais e de seguridade social do persoal así como as indemnizacións por desprazamento e manutención, se é o caso. Non obstante,  a prestación do servizo non implicará  necesariamente o desprazamento do persoal provincial á entidade local, agás cando sexa estritamente necesario.

As prestacións de asistencia técnica planificaranse de oficio dende a Deputación Provincial en atención ás demandas e  necesidades formuladas polos concellos e mancomunidades.

Entid. Local Prestadora SSCM

U. Téc.

Área

Grupo A.Subgrupo A2

Módulo Económico

Grupo A Subg A2.

Módulo Económico

Total Entidade

Allariz

UTES

RURAL 28

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Barbadás

SEMIURBANO

SEMIURB. 9

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Barco de Valdeorras, O

UNIS

RURAL 31

1,0

16.815,00 €

1,0

20.229,00 €

37.044,00 €

Carballiño, O

UNIS

RURAL 25

1,0

16.815,00 €

1,0

20.229,00 €

37.044,00 €

Manc. de Verín

UTES

RURAL 30

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Manc. do Carballiño

UTES

RURAL 25

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Manc. do Ribeiro

UTES

RURAL 26

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Manc. Santa Águeda

UTES

RURAL 24

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Manc. Terras de Celanova

UNIS

RURAL 27

1,0

16.815,00 €

1,0

20.229,00 €

37.044,00 €

Pereiro de Aguiar, O

UTES

RURAL 24

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Ribadavia

UTES

RURAL 26

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

Verín

UNIS

RURAL 30

1,0

16.815,00 €

1,0

20.229,00 €

37.044,00 €

Xinzo de Limia

UTES

RURAL 29

1,0

16.815,00 €

 

 

16.815,00 €

2º.- Someter a información pública, mediante anuncio inserido no BOP, as bases inicialmente aprobadas, conforme co establecido no artigo 10 da Ordenanza xeral de subvencións da Deputación Provincial de Ourense, polo prazo de 10 días hábiles. Durante o dito prazo, os interesados poderán formular as alegacións que consideren oportunas, que serán resoltas expresamente polo Pleno. En caso de que non se formulen alegacións entenderase elevado a definitivo o acordo da aprobación provisional.

MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA, A TÍTULO PÓSTUMO, A CARLOS CASARES

Acordo:

Outorgarlle a título póstumo a medalla de ouro da provincia ao destacado intelectual ourensán Carlos Casares Mouriño, como homenaxe da provincia de Ourense e recoñecemento  do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá. Todo isto de conformidade cos artigos 1, 7, 9, 10 e 11 do Regulamento de honores e distincións da Deputación de Ourense.

Expediente de honra:

O que subscribe, nomeado instrutor das dilixencias, conforme sinala o Regulamento de honores e distincións da Deputación de Ourense, co obxecto de conceder honras a favor do insigne escritor ourensán Carlos Casares Mouriño, ten a ben informar o seguinte:

Que, por Providencia do presidente da Deputación, don Manuel Baltar, con data 18 de maio de 2017, dispuxo que se levara a trámite o expediente de honra para a concesión da MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA como homenaxe desta ao insigne escritor ourensán Carlos Casares Mouriño, coincidindo coas homenaxes recibidas en todo o territorio galego no Ano das Letras Galegas 2017. Conforme co capítulo III do Regulamento de honores e  distincións desta Deputación, nomeouse instrutor do expediente ao deputado don Manuel Doval e, secretario deste, ao asesor de política cultural don Aurelio Gómez, para indagar en cantos méritos concorren nesta persoa, tanto nos aspectos vitais, no seu compromiso con Ourense, na súa dimensión cultural e tamén na súa destacada implicación social.

Publicouse o oportuno anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no xornal local La Región, así como na páxina web da Deputación, para recoller testemuño dos veciños, entidades, concellos  ou asociacións, coa finalidade de incorporalos ao expediente e así referendar os méritos deste intelectual tan comprometido coa nosa provincia.

Recibidos innumerables escritos de adhesión a tan xusta proposta do presidente da Deputación de Ourense, correspóndelle agora á Corporación Provincial en Pleno honrar, para a imperecedoira constancia e a transmisión a futuras xeracións, a memoria dun home tan querido e admirado.

Decláranse así feitos probados:

Algunhas persoas desenvolven a súa carreira estritamente ligados á poboación que os viu nacer, e a súa actividade transcende fondamente os limites da nosa provincia e contribúe a fomentar o coñecemento desta poboación a niveis insospeitados. Este é o caso do ourensán Carlos Casares.

Carlos, naceu en Ourense o 24 de agosto de  1941, trasladándose aos 4 años a vivir a Xinzo de Limia onde o seu pai exercía como mestre. Foi o territorio da Limia o que marcou neses primeiros anos de xuventude unha importante influencia que se manifestou ao longo de toda a súa vida. Ese ambiente rural, en permanente contacto coas súas xentes empapouno de sabedoría popular que posteriormente aparece reflectida nas súas obras. O contacto coa natureza, a proximidade coa ampla familia que tiña na zona pódese dicir que lle facilitaron unha infancia feliz á que foi incorporando outras afeccións como foron o fútbol, a radio, a fabricación manual de xoguetes en miniatura, ou o cine e a lectura. Aqueles espléndidos veráns ao aire libre complementábanse co cru inverno onde a paisaxe familiar mudaba e transformábase moitas veces nunha escena ao redor do lume das cociñas tradicionais na que xurdían longos faladoiros cheos de historias de familiares, amigos e criados nas que non faltaba o humor ou o misterio e que marcou unha pegada innegable na literatura de Carlos.

Posteriormente, para seguir coa súa formación, Carlos incorporouse ao Seminario de Ourense por influencia da súa familia materna, que vivía intensamente o catolicismo.  Foi precisamente no Seminario onde Casares se iniciou como escritor publicando un xornal El Everno, do que se declaraba director e único xornalista. Esta etapa no Seminario foi decisiva para descubrir a súa faceta de incipiente escritor xa que nos típicos traballos de redacción, as de Carlos adoitaban ser as máis destacadas e as que posteriormente se lían en público. Isto animouno a fisgar na ampla biblioteca do Seminario e a devorar canta literatura podía. Nos veráns en Xinzo seguía con esa ambición lectora e neste caso, na biblioteca da vila podía acceder a outro tipo de literatura máis liberal.

Nos seus anos mozos, e xa en Ourense, entrou en contacto co grupo cultural máis importante da cidade no que estaban Arturo Lezcano, Risco, Prego de Oliver, Antón Tovar, Xaime Quessada, Acisclo Manzano, Xaquín Lourenzo, Conde Corbal... Todos eles moi influentes e que, nos faladoiros habituais nos que se xuntaban en distintos cafés da cidade, loaban a brillante forma de escribir que xa manifestaba o mozo Casares. Nos anos 60 trasládase a Compostela e alí entra en contacto con outros grupos culturais liderados por Ramón Piñeiro o que o leva a significarse en movementos estudantís do ámbito galeguista. A amizade cada día máis intensa con Piñeiro vaino marcando neste sentido  e signifícase moi activamente en accións culturais que contestan ao franquismo. Nesta mesma etapa compostelá, Casares segue reafirmando a súa faceta literaria e tras unha breve experiencia poética publica en 1967 Vento Ferido, libro de relatos xuvenís, séguelle un conto para nenos, a Galiña azul co que xa gaña o premio "O Facho", posteriormente xa unha novela, Cambio en tres, e séguenlle Xoguetes para un tempo prohibido, Os oscuros soños de Clio, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul, Un país de palabras ou O sol do verán, cos que consegue importantes premios como os da Critica dos anos 1976, 1996 e 2002. A intensa faceta literaria de Carlos Casares complementouse tamén cunha ampla relación de obras de literatura infantil, como biógrafo, ensaísta e tradutor ao galego de importantes obras la literatura universal. Toda esta ampla relación coa literatura galega lévao a ingresar, no ano 1977, na Real Academia Galega sendo o seu membro máis novo.

Destaca tamén en Casares a relación intensa coa prensa escrita, primeiro desde as páxinas de La Región e posteriormente en La Voz de Galicia onde os seus artigos diarios convocan  milleiros de  lectores sorprendendo por ser dos máis lidos do xornal.

Xa na etapa de ensinante e na provincia de Pontevedra, adquire unha posición máis implicada política e culturalmente ao redor de determinados intelectuais do grupo editorial Galaxia. Isto lévao a que no ano 1992 sae elixido deputado ao Parlamento de Galicia como "galeguista independente" dentro da lista do Partido Socialista. Nesta etapa maniféstase unha das grandes condicións persoais de Casares, o seu espírito conciliador e de consenso,  recoñecido nalgúns debates de acordos que conseguiron a unanimidade do Parlamento. Esa característica foi sempre algo que todo o mundo destacou de Carlos Casares, un home que sempre sumaba e que como filosofía de vida tiña, por encima de todo, o seu espírito construtivo.

No ano 1995 o seu gran amigo  Ramón Piñeiro propono como presidente de Galaxia, cargo que desempeña ata o seu falecemento, etapa na que acadou unha importante modernización da estrutura da editorial. Xunto con esta editorial dirixe tamén a revista Grial. Coincidindo que algunhas das súas obras son traducidas ao castelán, entra en contacto con outros autores de fóra de Galicia, con frecuente presenza en actos literarios incluso a nivel internacional o que lle leva tamén a presidir o PEN Club de Galicia e no ano 1996 o Consello da Cultura Galega.

O 9 de marzo de 2002 falece de forma prematura, pero a súa implicación cultural, a súa obra literaria, a súa pegada persoal, o seu carácter conciliador fan que Carlos Casares siga vivo en toda a xente da cultura e por iso este Ano das Letras Galegas 2017, dedicado ao noso admirado autor ourensán, encheu Galicia de merecidos recoñecementos para que perdure a súa memoria en todos nós.

Considerando pois que as meritorias circunstancias persoais e profesionais que concorren no escritor Carlos Casares Mouriño, recollidas nos informes e manifestacións recibidas nas adhesións achegadas á Deputación de Ourense, e, neste caso, como instrutor deste expediente, considero que son determinantes para avaliar as grandes calidades que honran a este persoeiro, e é de obrigado deber desta Deputación promover a exaltación dos seus fillos ilustres que dedicaron a súa vida e as súas actividades a prol do noso desenvolvemento, tanto cultural, artístico, musical, social como económico.

Que, sentado este principio básico, este instrutor ten a obriga de investir de eficacia xurídica o desexo desta institución, fiel representante da nosa provincia, conferíndolle a CARLOS CASARES MOURIÑO as honras previstas no noso Regulamento.

Polo exposto anteriormente, e vistos os artigos do Regulamento de honores e distincións da Deputación de Ourense, o instrutor ten a honra de formularlle á Corporación Provincial a seguinte

Proposta:

Como homenaxe da provincia de Ourense ao destacado intelectual ourensán CARLOS CASARES MOURIÑO, de conformidade cos artigos 1, 7, 9, 10 e 11 do Regulamento de honores e distincións da Deputación de Ourense,  outorgarlle a  titulo póstumo a MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA, como homenaxe e recoñecemento  do noso pobo a toda unha longa traxectoria cultural e social marcada polo seu carácter conciliador que forxou na súa etapa máis ourensá.

Elevarlle a presente proposta ao Pleno da Excma. Corporación Provincial, para a súa aprobación, se procede.

CAMBIO DE DATA DO PLENO ORDINARIO DO MES DE DECEMBRO

Acordo:

Fixar a data de celebración do Pleno ordinario do mes de decembro, para o día 22 de decembro, venres, ás 10.00. As comisións informativas ordinarias terán lugar os días 13 e 14 de decembro, pola mesma orde que no resto dos meses.

MOCIÓNS APROBADAS POLO PLENO DA DEPUTACIÓN

Acordo:

Para garantir a máxima transparencia e información, habilitar un espazo na web da Deputación, para que calquera cidadán poida seguir en tempo real o cumprimento das mocións aprobadas nas sesións plenarias.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Acordos:

-Instar á Xunta de Galicia a avanzar na concreción do Pacto galego contra a violencia machista acordado por unanimidade polo Pleno do Parlamento Galego o 25 de xaneiro de 2017, así como a destinar o 1% dos orzamentos para 2018 á prevención e loita contra todas as formas de violencia exercidas contra as mulleres con especial atención a aumentar os recursos destinados á asistencia e protección delas e as súas crianzas; a mellora dos medios e recursos xudiciais garantindo a existencia de espazos diferenciados para vítimas e agresores en dependencias xudiciais, o acompañamento das mulleres en situación de violencia machista durante todo o proceso e a súa atención por parte de persoal con formación especializada.

-Instar á Xunta de Galicia a cumprir e avaliar o grao de cumprimento da normativa recollida ao abeiro do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, con especial atención ao desenvolvemento e cumprimento do recollido na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

-Comprometer o apoio da Corporación ás mobilizacións locais e nacionais que desenvolvan as organizacións feministas galegas contra a violencia machista os 365 días do ano.

-Subscribir de xeito inmediato o Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, que foi impulsado polo Congreso dos e das Deputados/as no pasado mes de setembro e expresar o noso compromiso firme para traballar na súa implantación e cumprimento.

-Adherirnos ás achegas ao Pacto de Estado do relatorio subscrito por unanimidade pola totalidade dos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia así coma sumarnos á posta en marcha do pacto galego.

-Desenvolver un pacto provincial contra as violencias machistas co obxectivo de pór en marcha medidas que tendan a reducir o número de vítimas así como previr e sensibilizar sobre as situacións de violencia de xénero en todo o noso territorio. Este pacto debe contemplar todas as liñas de actuación estratéxicas así como definir o papel asistencial da Deputación no tocante aos concellos de menos de 20.000 habitantes no eido da igualdade.

-Constituír e dotar orzamentariamente un Consello provincial da muller que fomente a participación e o traballo en rede en todas as comarcas de Ourense das entidades locais e sociais vinculadas coa loita contra a violencia de xénero, así como representación das institucións académicas para pór en marcha accións igualitarias en toda a provincia.