A Deputación de Ourense aproba máis de 4,7 millóns de euros para cooperación con concellos e entidades, infraestruturas e proxectos sociais
- O pleno aprobou o Programa especial de cooperación para o co-financiamento de obras promovidas polo Concello de Ourense, para o cal a Deputación destinará un total de 100.000 euros.
- A corporación provincial tamén aprobou definitivamente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación de Ourense para o exercicio 2017, e aprobou solicitar á Xunta de Galicia a tramitación como zona catastrófica das distintas zonas vitivinícolas da provincia afectadas polos danos das xeadas e da seca.
Ourense, 28 de abril de 2017.- O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria correspondente ao mes de abril de 2017, celebrada esta mañá no Pazo Provincial, o expediente nº: 2/2017 para a modificación de créditos nos vixentes orzamentos da Deputación, que ascende á cifra total de 4.750.104,37 euros, cantidade financiada co remanente de tesourería da institución provincial e que se destinará para temas de deporte, cultura, medio ambiente, termalismo e infraestruturas, entre outros.
Esta segunda modificación de créditos inclúe, en materia de cooperación coa Xunta, unha achega da Deputación de 500.000 euros para poñer en marcha un Plan de Infraestruturas Deportivas, así como unha axuda de 300.000 euros para obras en centros de ensino primario, e o Programa especial de cooperación para o co-financiamento de obras promovidas polo Concello de Ourense, para o cal a Deputación destinará un total de 100.000 euros. Ademais, outra das axudas incluídas é a destinada ao Plan de Transporte Metropolitano da comarca de Ourense, para o cal se destinan 200.000 euros.
En materia de cooperación con entidades empresariais, a modificación orzamentaria recolle unha axuda de 100.000 euros para a Confederación de Empresarios de Ourense, unha axuda de 100.000 euros para a Cámara de Comercio, unha axuda de 50.000 euros para o Círculo de Empresarios de Galicia, entre outras achegas. Asemade, esta segunda modificación contempla axudas de cooperación cos concellos da provincia para temas de infraestruturas, cultura, deporte, temas sociais ou proxectos piloto como o Plan Revivenda que propuxeron os concellos de Oímbra e A Veiga.
O pleno da corporación provincial aprobou definitivamente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación de Ourense para o exercicio 2017, e aprobou solicitar á Xunta de Galicia a tramitación como zona catastrófica das distintas zonas vitivinícolas da provincia de Ourense afectadas polos danos das xeadas e da seca.
A totalidade dos acordos do pleno foron os seguintes:
PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA O EXERCICIO 2017
Acordo:
1º) Resolver as alegacións formuladas contra a aprobación do Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2017:
a) Estimar a reclamación no sentido seguinte:
- Suprímese a categoría profesional de auxiliar servizos do centro de recollida de animais abandonados.
- Intégrase ao persoal da dita categoría na de auxiliar servizos, con efectos da entrada en vigor do Plan de Ordenación.
2º) Aprobar definitivamente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2017, conforme ao documento aprobado inicialmente no Pleno de 25 de novembro de 2016, coas modificacións recollidas no apartado anterior, ordenando a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e na sede electrónica da Deputación Provincial, e a súa remisión á Administración Xeral do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia.
PROGRAMA ESPECIAL DE COOPERACIÓN PARA O COFINANCIAMENTO DE OBRAS PROMOVIDAS POLO CONCELLO DE OURENSE (2017-2018)
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente o Plan Especial de Cooperación ás obras e servizos do Concello de Ourense (2017-2018), co seguinte contido:
Constitúe o obxecto do presente Plan Especial de Cooperación ás Obras e Servizos do concello de Ourense (2017-2018) articular a cooperación e asistencia económica deste Deputación ás obras, todas elas de competencia municipal, promovidas polo concello que de seguido se detallan:
|
N.º |
OBRA |
ORZAMENTO |
|
1 |
Acondicionamento do viario dende Ceboliño á Urbanización Monterrey |
156.426,43 € |
|
2 |
Urbanización Rúa Antolín Losada Trovisco e prolongación Rúa Bieito Amado - Rairo |
727.716,60 € |
|
3 |
Rehabilitación de firmes e beirarrúas en varias rúas: de Covadonga, Júpiter e outras. |
855.222,50 € |
|
4 |
Urbanización rúa Miradoiro, e primeiro tramo camiño da Lebre |
280.000,00 € |
|
5 |
Acondicionamento rúa Vasco Díaz Tanco |
453.843,26 € |
|
6 |
Acondicionamento rúa da Rabaza |
254.001,08 € |
|
7 |
Acondicionamento de rúa Salto do Can e rúa Carballo |
1.069.805,60 € |
|
8 |
Acondicionamento de viarios rúa Casa Grande, rúa da Fonte e rúa da Mirta |
347.271,65 € |
|
9 |
Construción de beirarrúa e arranxo do viario rúa da Rábeda – As Curuxeiras |
248.792,00 € |
|
10 |
Urbanización da zona de aparcamento tras polideportivo de Oira |
233.242,50 € |
|
11 |
Acondicionamento rúa (Baixada á Igrexa) e camiño das Fontes – Santa Maríña |
147.720,25 € |
|
12 |
Ampliación e acondicionamento do viario que une Pradobó e O Pereiro |
672.711,25 € |
|
13 |
Acondicionamento da rúa Vía Vella |
299.483,37 € |
|
14 |
Renovación do pavimento firme e rede de sumidoiros na rúa Ribeira de Canedo |
285.000,00 € |
|
15 |
Humanización de rúa Boa Vista e rúa do Sol – Eiroás |
757.727,14 € |
|
16 |
Instalación elevador na Cruz Alta |
932.000,00 € |
|
17 |
Instalación de elevador na rúa Avilés de Taramancos (Á altura da ponte de Ervedelo) |
150.000,00 € |
|
18 |
Acondicionamento de espazos urbanos na cidade de Ourense, rúa Vázquez Núñez |
392.000,00 € |
|
19 |
Sostén de noiro na rúa Sánchez de Arteaga e rúa Arnoia |
273.000,00 € |
|
20 |
Acondicionamento traseiras Roi Páez |
200.000,00 € |
|
21 |
Mellora de accesibilidade en rúa Arias Páez e zona de influencia |
200.000,00 € |
|
22 |
Instalación depuradora/fosa séptica no núcleo de Calvelos-Santa Cruz de Arrabaldo |
131.400,00 € |
|
23 |
Retirada de fosa séptica da praza das Fontes e acometida coa rede xeral de Rairo |
317.550,00 € |
|
24 |
Eliminación de punto de vertido no regato do Chis – Rúa da Marquesa - Rairo |
186.150,00 € |
|
25 |
Proxecto de rehabilitación do parque Alameda do Cruceiro. Mellora e adaptación do parque infantil da Alameda do Cruceiro. |
701.887,14 € |
O Plan cofinanciarase na súa integridade pola Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Ourense. A achega da Deputación Provincial para o total do Plan será de 100.000,00 € (4.000,00 € para cada unha das indicadas), imputándose á aplicación orzamentaria 166.11/650.01 do orzamento xeral.
2º.- Someter o plan a información pública por prazo de dez (10) días hábiles mediante anuncio no BOP. De formularse alegacións, serán resoltas polo Pleno. Se non se formulan alegacións o Plan considerarase definitivamente aprobado, publicándose integramente no BOP.
REXISTROS CIVÍS
Acordo:
1º.- Instar á Xunta de Galicia para que demande do goberno central o mantemento do servizo de Rexistro Civil que ten que seguir sendo un servizo público único, estatal, gratuíto e servizo polos funcionarios da Administración de Xustiza, manténdose todas e cada unha das oficinas existentes na actualidade, é dicir, coa mesma implantación territorial, incluídas, por suposto, as dos Xulgados de Paz (e agrupacións de secretarías), cunha xestión directa deste, sen intermediarios, e de forma próxima ao cidadán.
2º.- Instar ao goberno central para que axilice, así mesmo, con carácter urxente, a reversión ao ámbito dos RC, de forma exclusiva e nos seus respectivos ámbitos territoriais, das competencias entregadas a rexistradores e notarios sobre os expedientes de nacionalidade, expedientes matrimoniais, etcétera. A modernización dos RC, co desenvolvemento dunha nova plataforma informática de acceso, para cidadáns, organismos e administracións, non pode supoñer nin a destrución de oficinas de rexistro nin a dos postos de traballo asociados a elas, nin por suposto contribuír ao declive das zonas rurais, polo avellentamento da súa poboación e a fenda tecnolóxica que padecen (o mundo rural supón o 90% do territorio nacional).
3º.- Darlles traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galicia, ao Goberno Central e ao Ministerio de Xustiza.
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DO CONCELLO DE TRASMIRAS, RELATIVAS ÁS FACULTADES QUE OS CONCELLOS TEÑEN ATRIBUÍDAS EN MATERIA DE RECADACIÓN DE GASTOS DERIVADOS DE EXECUCIÓNS FORZOSAS DE ACTOS ADMINISTRATIVOS
Acordo:
Aceptar a delegación de competencia efectuada polo Concello de Trasmiras a favor da Deputación Provincial, mediante acordo do Pleno do 24 de febreiro de 2017, das facultades de xestión de cobro en período voluntario e recadación executiva de gastos derivados de execución forzosa de actos administrativos do Concello.
En virtude desta delegación, a Deputación xestionará o cobro en voluntaria dos ditos gastos, aprobando as liquidacións correspondentes, procedendo ao seu cobro en vía executiva no caso de impago.
Para o exercicio das funcións delegadas, o Concello deberá remitirlle á Deputación unha certificación na que se relacionen os gastos derivados da execución forzosa. En caso de ser necesario, a Deputación poderá requirir a remisión de copia do expediente municipal correspondente.
A Deputación ditará e notificará os actos administrativos de liquidación conforme coa certificación municipal e cantos actos administrativos sexan necesarios para a xestión do procedemento de recadación executiva, incluíndo a resolución de solicitudes de aprazamento e fraccionamento e dos recursos que se poidan interpoñer.
A Deputación percibirá polo exercicio das funcións delegadas as taxas previstas na vixente ordenanza fiscal provincial. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.
A presente delegación estará vixente de forma indefinida, sendo revogable por acordo do Concello, que deberá comunicárselle á Deputación cunha antelación non inferior a 6 meses.
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS FACULTADES QUE TEN O CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS PARA A RECADACIÓN DE MULTAS COERCITIVAS E CUSTAS XUDICIAIS
Acordo:
Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial do exercicio das competencias do Concello de Vilamartín de Valdeorras en materia de xestión do cobro en período executivo das multas coercitivas e custas xudiciais.
Para o exercicio das ditas competencias o Concello deberá remitirlle á Deputación Provincial certificado de descuberto das débedas de que se trate.
A Deputación Provincial a iniciar o procedemento de recadación executiva.
Corresponderalle á Deputación Provincial ditar a totalidade de actos administrativos do procedemento executivo, incluíndo a resolución dos recursos contra os ditos actos.
A presente delegación terá carácter indefinido ata a súa revogación polo Concello de Vilamartín de Valdeorras.
DELEGACIÓN NA DEPUTACIÓN DO EXERCICIO DAS COMPETENCIAS DO CONCELLO DE BOBORÁS, PARA A RECADACIÓN EXECUTIVA DA TAXA POLO ABASTECEMENTO, DEPURACIÓN, SANEAMENTO E DEMAIS CONCEPTOS DO CICLO DA AUGA
Acordo:
Aceptar a delegación nesta Deputación Provincial das facultades que o Concello de Boborás ten atribuídas en materia de recadación executiva da taxa polo abastecemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga (agás o canon da auga que será xestionado por Augas de Galicia) ao abeiro do establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e artigo 7 do RDL 2(2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co alcance, contido, condicións e vixencia que se establecen no acordo do Pleno do dito concello do 30 de marzo de 2017. A dita delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial para a delegación de competencias nesta materia.
EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 1/2017 DO ORZAMENTO DO CONSORCIO PROVINCIAL DE OURENSE PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO PARA O EXERCICIO 2017
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:
CREDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
136/62400 |
Elementos de transporte. Vehículo de rescate en altura |
598.758,82 € |
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES
|
APLICACIÓN |
EXPRESIÓN |
IMPORTE € |
|
136/22706 |
Traballos realizados por outras empresas e profesionais. Estudos e traballos técnicos |
641.558,46 € |
RESUMO
|
Suma suplementos de crédito |
641.558,46 € |
|
Suma créditos extraordinarios |
598.758,82 € |
RECURSOS UTILIZADOS
|
Remanente tesourería TOTAL para financiar gastos xerais Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais |
2.694.562,33 € 1.240.317,28 € |
2º.- Con cargo á aplicación orzamentaria 136/227.06 Traballos realizados por outras empresas e profesionais. Estudos e traballos técnicos.
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Vehículos, equipamientos y carrocerías Prieto-Puga, SL (Veicar) |
Facturas pendentes |
192.849,78 € |
|
Entrenamiento e información forestal, SL (Eimfor) |
Facturas pendentes |
448.708,68 € |
|
Total aplicación orzamentaria 136/22706 |
641.558,46 |
|
Con cargo á aplicación orzamentaria 136/624.00 Elementos de transporte
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Iturri, SA |
Adquisición de vehículo de rescate en altura |
598.758,82 € |
|
Total aplicación orzamentaria 136/62400 |
598.758,82 € |
|
EXPEDIENTE N.º 2/2017 DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR SUPLEMENTO DE CRÉDITO E CRÉDITO EXTRAORDINARIO
Acordo:
1º.- Aprobar a modificación de créditos do expediente, que ascende a 4.750.104,37 euros.
REFORMA DO FINANCIAMENTO LOCAL
Acordo:
1º.- Instar á Xunta de Galicia para que aborde unha necesaria reforma do Fondo de Cooperación Local, aumentando a dotación económica das súas transferencias correntes aos concellos e reducindo as transferencias de capital provenientes de subvencións.
2º.- Esixir do goberno do Estado a introdución, na fórmula de reparto dos PIE, dos criterios de dispersión, extensión territorial e envellecemento e que se axilicen as modificacións normativas necesarias que permitan o investimento do superávit xerado polos concellos así como aumentar o seu teito de gasto.
3º.- Instar ao goberno do Estado e Xunta de Galicia para que aborden, de xeito urxente, a necesaria reforma do financiamento local así como o estudo da reforma do sistema tributario das entidades locais.
SANIDADE PÚBLICA DA COMARCA DE VERÍN
Acordo:
1.Instar á Xunta de Galicia (Consellería de Sanidade) as seguintes cuestións dentro do Hospital de Verín:
a.Dotar de efectivos necesarios á Unidade de Medicina Interna tendo en conta o aumento de pacientes na área de referencia. Así como a restitución do servizo de paliativos.
b.Posta en marcha e dotación do servizo de HADO (Hospitalización a domicilio).
c.Dotación de pediatría hospitalaria na Unidade de paritorio.
REDE PROVINCIAL DE ALBERGUES
Acordo:
A Deputación, ben directamente ou ben a través do INORDE, creará a Rede provincial de albergues como instrumento de ordenación do alberguismo en Ourense, nunha estratexia definida pola coordinación dunha actuación conxunta en materia de difusión, central de reservas, paquetes comúns de comercialización, comunicación e calquera outra que permita a dinamización económica do noso territorio.
MODIFICACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E DO ANEXO DE PERSOAL DO ORZAMENTO, PARA A CREACIÓN DE DÚAS PRAZAS DE PERSOAL EVENTUAL NO GABINETE DE PRESIDENCIA
Acordo:
1º.- Aprobar inicialmente a modificación da Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Ourense, creando os seguintes postos de traballo reservados a persoal eventual, dentro da Área de Presidencia-Gabinete de Presidencia:
- Un asesor de proxectos internacionais. Persoal Eventual asimilado ao Grupo A1. Nivel 26. Complemento específico: 16.204,30 €/ano. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual. Funcións: realización do estudo, asesoramento e seguimento de proxectos conxuntos de cooperación pública e público – privada de ámbito internacional que desenvolva a Deputación, así como o asesoramento á Presidencia e o seguimento das políticas de apoio e fomento da internacionalización do empresariado de Ourense. Ademais, encargaríase do estudo e a xestión da posta en marcha do Consello Europeo de Economía Sostible, e da asistencia á Presidencia nas relacións coa Rede Partenalia e coa Asociación Europea de Cidades Históricas Termais.
- Un asesor de emigración. Persoal Eventual asimilado ao Grupo C1. Nivel 19. Complemento específico: 12.153,40 €/ano. Forma de provisión: non procede pola especial natureza dos postos de persoal eventual. Funcións: asesoramento á Presidencia para o deseño e xestión da posta en marcha do Museo Galego da Emigración, así como en relación coa situación actual do colectivo emigrante procedente da provincia.
As funcións indicadas para os postos de persoal eventual refírense sempre a tarefas de estudo, asesoramento, xestión e seguimento de carácter político, funcións que, pola súa natureza política, implicando ademais unha colaboración de carácter reservado, non corresponden ao persoal funcionario e deben cualificarse como de confianza e asesoramento especial, conforme ao artigo 29.2 da Lei do Emprego Público de Galicia.
2º.- Aprobar inicialmente a modificación do anexo de persoal do orzamento vixente, no sentido de incluír no dito anexo as prazas correspondentes aos postos creados en virtude da modificación da Relación de Postos de Traballo, recollidos no apartado anterior.
3º.- Someter a información pública, polo prazo de 20 días hábiles, as modificacións inicialmente aprobadas, mediante anuncio que se inserirá no BOP e na sede electrónica da Deputación Provincial. As alegacións que poidan formularse durante o dito prazo serán resoltas expresamente polo Pleno. En caso de non formularse alegacións entenderase automaticamente elevado a definitivo o acordo adoptado.
DANOS POLAS XEADAS E A SECA NAS DISTINTAS ZONAS AFECTADAS NA PROVINCIA DE OURENSE
Acordo:
1.- Solicitar a Xunta de Galicia a tramitación coma zona catastrófica das distintas areas afectadas.
2.- Solicitar a Xunta de Galicia unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados.
3.- Trasladar dito acordo a Consellería do Medio Rural, os distintos consellos reguladores das denominacións de orixe e a todos os concellos afectados.