A Deputación de Ourense aproba o catálogo de estradas provinciais, que inclúe 264 vías cunha lonxitude total de 1.855 quilómetros
- No pleno ordinario do mes de outubro, celebrado hoxe, tamén se aprobou, por unanimidade, a equiparación do número de efectivos que integran os Grupos de Emerxencia Supramunicipais da provincia.
Ourense, 26 de outubro de 2018.- A Deputación de Ourense aprobou hoxe no pleno ordinario correspondente ao mes de outubro o seu catálogo de estradas actualizado a data 1 de maio de 2018 e no que se inclúen dúas novas estradas: a OU-1117 Xinzo (N-540) – Vilar de Barrio (OU-1102) e a OU-1217 As Carreiras (OU-1202) – N-540. Deste modo, o número de estradas que a Deputación ten na súa titularidade na provincia ascende á 264, repartidas ao longo das doce comarcas e acadando unha lonxitude de 1.855 quilómetros, sendo a comarca de Ourense a que conta cunha maior porcentaxe de estradas provinciais (16,49%) con 46 estradas.
No pleno tamén se aprobou, por unanimidade, a equiparación do número de efectivos que integran os Grupos de Emerxencia Supramunicipais da provincia de Ourense. Neste sentido, o plenario acordou solicitar a homologación do número de integrantes dos GES na provincia de Ourense para que todos conten con 12 persoas, así como trasladar este acordo á Xunta e á Fegamp.
A totalidade dos acordos plenarios aprobados hoxe son os seguintes:
EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR CRÉDITO EXTRAORDINARIO E DAS BASES DE EXECUCIÓN N.º 5/2018
Acordo:
1.- Aprobar inicialmente a modificación de créditos do expediente por crédito extraordinario que se financia coa baixa de outra aplicación orzamentaria dentro da mesma área de gasto, co seguinte detalle,
CREDITO EXTRAORDINARIO
|
Aplicación orzamentaria que INCREMENTA o crédito |
Expresión |
IMPORTE € |
|
433.00/789.00 |
“Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial |
200.000,00 € |
RECURSO UTILIZADO
|
Aplicación orzamentaria que se da DE BAIXA o seu crédito. |
Expresión |
IMPORTE |
|
433.00/489.18 |
“Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial |
200.000,00 € |
2.- Aprobar a modificación das Bases de execución do orzamento, que afectan a Base 87 ª, no que se refire a subvencións que teñen carácter nominativo, engadindo a seguinte ás que figuraban inicialmente:
Con cargo á aplicación orzamentaria 433.00/789.00 " "Outras transferencias apoio empresarial. Desenvolvemento empresarial ,
|
Beneficiario |
Finalidade |
Importe |
|
Fundación Galicia Obra Social (AFUNDACION) |
Inversións e gastos necesarios para a posta en funcionamento do Centro de innovación empresarial de Ourense e para o custe da xestión e mantemento do Centro. |
200.000,00 € |
Os recursos financeiros utilizados para esta modificación serán baixas doutras aplicacións orzamentarias e non afectan cuantitativamente ao Orzamento Xeral da Deputación. .
3.- De acordo co artigo 169 da Lei Reguladora das Facendas Locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no boletín oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
CATÁLOGO DE ESTRADAS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
Acordo:
1º.- Aprobar o catálogo de estradas da Deputación Provincial de Ourense, actualizado ao 1 de maio de 2018, conforme co documento técnico elaborado polo servizo de Vías e Obras, que consta no expediente. O dito documento está a disposición pública na sede electrónica da Deputación Provincial mediante o código seguro de verificación 11777074162165033406.
2º.- Comunicarlle este acordo á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para os efectos previstos no artigo 21.4 do Regulamento da Lei de estradas de Galicia.
3º.- Ordenar a publicación do presente acordo no BOP e no Portal de Transparencia da Deputación Provincial.
ACEPTACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIA FORMULADA POLO CONCELLO DE LEIRO PARA A TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE EXPROPIATORIO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE ACONDICIONAMENTO DA RÚA CASANOVA, NO MUNICIPIO DE LEIRO
Acordo:
Aceptar a delegación de competencia formulada polo Concello de Leiro para a tramitación do expediente expropiatorio para a execución da obra "acondicionamento da rúa Casanova".
EQUIPARACIÓN DO NÚMERO DE EFECTIVOS QUE INTEGRAN OS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS DA PROVINCIA DE OURENSE
Acordo:
1º.- Solicitar a homologación do número de integrantes dos GES na provincia de Ourense, para que todos conten con 12 persoas.
2º.- Darlles traslado deste acordo á Xunta de Galicia e á Fegamp.
EXECUCIÓN DUN ECOPARQUE NO ENCORO DE CACHAMUIÑA
Acordo:
1. Rematar os proxectos técnicos que convertan áreas de titularidade provincial a carón dos ríos, sinaladamente en Cachamuiña (Concello de Pereiro de Aguiar) e Arnoia, en espazos lúdicos e de lecer para a veciñanza e visitantes, coas actuacións e actividades que permita a legalidade vixente.
2. Acometer a execución de ditos proxectos exercendo a cooperación técnica e económica con outras administracións públicas, como é característico nos plans e proxectos impulsados polo goberno provincial como por exemplo a Estratexia "Conecta Ourense", o Plan Termal Provincial ou o recentemente aprobado que converte á provincia de Ourense en destino turístico intelixente.