A Deputación de Ourense colabora co calendario solidario 2019 de Down Ourense
- Os beneficios que se obteñan da venda dos 1.600 almanaques irán destinados aos programas de promoción da autonomía persoal que se levan a cabo nesta asociación.
Ourense, 22 de novembro de 2018.- A Deputación de Ourense colabora coa nova edición 2019 do calendario solidario de Down Ourense, que se pode adquirir a partir de hoxe en diversos puntos da cidade. Os beneficios logrados coa venda dos 1.600 almanaques irán destinados integramente aos programas de promoción da autonomía persoal que se levan a cabo nesta asociación. A presentación desta iniciativa tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a presidenta de Down Ourense, Mara Prieto; o presidente e socia de AJE Ourense, Lois Babarro e Nuria Iglesias; e os fotógrafos do calendario, Emilio Romanos e Jorge Katalauta.
Rosendo Fernández dixo que a Deputación de Ourense colabora coa Asociación Down Ourense, "que desenvolve programas de promoción da autonomía persoal que actualmente dan servizo a 66 persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e ás súas familias".
A tirada do calendario deste ano ascende a 1.600 exemplares, que saen hoxe á venda por un prezo de cinco euros. As persoas que desexen colaborar con esta causa poden adquirir o seu calendario solidario na propia asociación e nas tendas Angelo Milano e Nuria Vidal, así como nos stands de venda situados no Centro Comercial Ponte Vella os días 24 de novembro e 1 de decembro.
A presidenta de Down Ourense dixo que o calendario solidario "supón para a asociación unha fonte de ingresos moi importante e é unha vía máis de visibilidade e protagonismo para as persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais". Así mesmo, Mara Prieto agradeceu a participación das persoas que, de maneira desinteresada, fixérono realidade" e destacou a necesidade "de colaboración do tecido empresarial local".
No calendario desta edición colaborou a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e o seu presidente destacou que o "apoia a Down Ourense forma parte da identidade do noso colectivo empresarial" e lembrou que o lema de AJE do ano 2016 foi "Implícate" e "exemplo de implicación é Down Ourense".
Pola súa parte, os fotógrafos Mani Moretón, Emilio Romanos e Jorge Katalauta foron os encargados de inmortalizar as imaxes dos calendarios, divertidos momentos dos mozos da entidade traballando man a man con profesionais das empresas integrantes da asociación empresarial.