A Deputación de Ourense colabora co Festival Espírito Ribeiro que se celebrará este fin de semana en Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño

Compartir

Ourense, 25 de xuño de 2024.

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, na presentación do Festival Espírito Ribeiro que se celebrará os días 28, 29 e 30 de xuño, nos municipios de Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño.

O Festival Espírito Ribeiro chega á súa cuarta edición mesturando música, gastronomía e viticultura aderezada por unha selección de expositores de artesanía de Galicia nos tres concellos ourensáns. Nesta ocasión, o artista Pancho Varona será o embaixador deste evento e encargarase de poñer as notas musicais a unha cita da que se agarda un gran éxito de participación.