A Deputación de Ourense colabora co proxecto "Bicicleta Solidaria"
- Rosendo Fernández participou hoxe nesta iniciativa que converterá os quilómetros pedaleados entre tódolos visitantes, nunha doazón para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer.
Ourense, 5 de setembro de 2018.- A Deputación de Ourense colabora co proxecto "Bicicleta Solidaria", que organizan Seguros RGA e Caixa Rural Galega, con motivo de La Vuelta a España, co fin de reunir doazóns destinadas á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAOR) para contribuír ás obras das futuras instalacións da mesma. O vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández participou nesta actividade esta tarde na Fanzone habilitada no campus universitario de Ourense, iniciativa a través da cal os quilómetros pedaleados polos visitantes ao longo desta xornada converteranse na doazón que Caixa Rural fará a esta organización de carácter social.
A Deputación de Ourense súmase así a este proxecto "para contribuír ao incremento de quilómetros e para apoiar unha iniciativa que promulga valores de esforzo e solidariedade, ligados a un evento deportivo tan importante como este", sinalou Rosendo Fernández.