A Deputación de Ourense colabora cos 28º Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics
Ourense, 17 de outubro de 2024.
A deputada de Políticas Sociais, Patricia Torres, participou hoxe no Salón de Plenos do Concello de Ourense, na presentación dos 28º Xogos Autonómicos de Baloncesto Special Olympics que se disputarán o vindeiro sábado, 19 de outubro, na cidade de Ourense coa colaboración da Deputación de Ourense.
Special Olympics Galicia organiza unha nova edición dos seus Xogos Autonómicos de Baloncesto para persoas con discapacidade intelectual nos que están inscritos provisionalmente 165 deportistas e 35 adestradores, facendo un total de 200 participantes procedentes de 9 asociacións de toda Galicia.