A Deputación de Ourense colabora nos rallyes de clásicos e de coches antigos

Compartir

A Deputación de Ourense colabora un ano máis coa organización do “Rallye de Clásicos” e do “Rallye de Coches Antigos”, dous eventos que terán lugar entre os días 8 ao 10 de xuño e que reunirán en ourense a pilotos e automóbiles doutras épocas, para ledicia dos amantes do mundo do motor.

 

 O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe cos responsables da organización destes eventos, Pichi Sierra e Luis Aragones, os cales lle trasladaron ao presidente provincial as novidades deste ano. Polo que atinxe ao “XVIII Rallye de Clásicos”, o evento consiste nun rallye de regularidade pola provincia de Ourense para vehículos históricos (entre 1946 e 1978), que percorrerán en total 300 quilómetros. Pola súa banda, o “IX Rallye de Antigos” percorrerase ao longo de 150 quilómetros en el poderán participar coches dos anos 1904 a 1965. Os automóbiles cubrirán un percorrido por diferentes vilas e pobos da provincia. Partindo da capital ourensá pasarán polo arredores de Ourense (zona termal da Chavasqueira e Outariz), para achegarse posteriormente nas diferentes etapas e nos días seguintes ao Canón do Sil, Celanova, A Merca, Allariz, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Maceda. Para máis información: www.clasicosourense.com