A Deputación de Ourense colaborará coa XVI Feira do Viño de Valdeorras

Compartir

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial, co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luis García Pando; co alcalde de A Rúa, Avelino García Ferradal, e coa tenente de alcalde ruesa, María Teresa Varela, para analizar o programa dunha das feiras temáticas máis importantes de Galicia, a XVI Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar os días 13 e 14 de xullo. Manuel Baltar confirmou que a institución provincial colaborará con este evento de exaltación dun dos productos máis sinalados da nosa viticultura e gastronomía como é o Viño de Valdeorras, que este ano conta cun programa de actividades no que destaca a participación de medios de comunicación de ámbito nacional que retransmitirán programas desde a propia feira, co obxectivo de potenciar a promoción dos caldos valdeorreses. Este ano a feira contará cuns 25 expositores, entre adegueiros, Consello Regulador, Concello de A Rúa, e representantes do Concello de Almendralejo, en representación dos viños desta localidade.