Deputación de Ourense e Confederación Hidrográfica colaboran na recuperación das zonas afectadas nas riadas do Arnoia
- Manuel Baltar, Francisco Marín e o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, visitaron as obras que se están a realizar, para as que a institución provincial destina 60.000 €.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, e o alcalde de Baños de Molgas, Eladio Mangana, visitaron hoxe as obras de emerxencia que se están a realizar no río Arnoia ao seu paso por Baños de Molgas, para evitar riadas e avenidas de auga como as acontecidas o pasado inverno, que provocaron importantes danos materiais.
A institución provincial destina 60.000 euros para as obras de recuperación das zonas afectadas, principalmente as que se atopan na contorna das piscinas da capital do municipio, mentres que a Confederación Hidrográfica inviste nesta en noutros puntos da provincia de Ourense un total 100.000 euros.
Manuel Baltar explicou que estas actuacións falan da cooperación entre institucións en situacións como esta de emerxencias, ante os efectos adversos provocados pola meteoroloxía, que obrigan a acometer obras de restauración e mellora do entorno do río Arnoia". Baltar subliñou que esta cooperación "é aínda máis salientable nun contexto económico de especial dificultade como o actual, onde as actuacións conxuntas permiten salvagardar un espazo emblemático como é esta contorna do Arnoia o seu paso por Baños de Molgas".
Con estas actuacións de emerxencia restáurase o dominio público hidráulico e os danos provocados polos desbordamentos e avenidas ocasionadas polo temporal de intensas chuvias sufrido durante os primeiros meses deste año. Os traballos consisten na limpeza de arrastres, retirada de maleza e de árbores caídos, con especial incidencia na retirada de taponamentos que afecten a infraestruturas viarias. Tamén se procederá á reposición de escolleiras e á estabilización de marxes do río con biomuros de malla de coco. Todo elo co fin de mellorar a capacidade de desagüe dos cauces para evitar riadas e avenidas en épocas de abundantes choivas.