A Deputación de Ourense entrega 100 mochilas-botiquín á Federación Galega de Fútbol en Ourense

Compartir

Ourense, 12 de setembro de 2014.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, fixo entrega hoxe ao delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense, José Luis Cachaldora, dun centenar de mochilas-botiquín, que irán destinadas a todos os clubes que participan na Copa Deputación. Con este acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, a Deputación de Ourense quere amosar o seu apoio e colaboración co deporte provincial. Ademais dos elementos necesarios para curas de primeiros auxilios as mochilas-botiquín están equipadas con férulas hinchables que son utilizadas para inmobilizar determinadas extremidades en caso de lesión.