A Deputación de Ourense forma a técnicos municipais da provincia no novo sistema de contabilidade pública

Compartir

Unha vintena de profesionais das áreas económicas de diferentes entidades locais de Ourense e da propia Deputación Provincial, entre os que se atopan varios secretarios e interventores de distintios concellos da provincia, realizan dende o pasado 5 de maio o CURSO DE CONTABILIDADE PÚBLICA LOCAL que, organizado pola Sección de Formación da Deputación de Ourense e o Instituto Nacional de Administración Pública, se desenvolve nas aulas do Centro Cultural "Marcos Valcárcel".

A finalidade deste curso é contribuír á reciclaxe e a actualización profesional dos traballadores encargados da contabilidade pública das entidades locais sobre a nova instrución de contabilidade que entrará en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Nesta acción formativa estanse a analizar de xeito detallado as novas instrucións de contabilidade pública local, introducindo os asistentes no réxime contable entrará en vigor no vindeiro ano e explicitando os motivos que fundamentan os cambios xerados por esta reforma de gran complexidade técnica.

O curso de 30 horas de duración, esta coordinado a nivel docente pola interventora xeral provincial, Mónica Legaspi Díaz, e nel participan tamén como formadores o interventor da Deputación de A Coruña, José Manuel Pardellas Rivera, o interventor do Concello de Santiago de Compostela, Vicente Calvo del Castillo, e o profesor da Universidade de Vigo, Francisco Javier López Corrales, doutor do Departamento de Economía e Contabilidade.