A Deputación de Ourense incorpora aos seus fondos un cartaz de Fernández Mazas sobre "Nós"

Compartir

Ourense, 4 de xaneiro de 2021.- A Deputación de Ourense vén de incorporar aos seus fondos artísticos un cartaz de Fernández Mazas sobre a revista "Nós", póster que será unha das novidades da exposición que a institución provincial coorganiza coa Xunta de Galicia sobre a Xeración Nós, segundo confirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar.