A Deputación de Ourense, nos premios da Fundación Barreiros
Madrid, 11 de outubro de 2024.
A Fundación Eduardo Barreiros entregou este venres o galardón "Figura de Prestixio no Campo da Automoción 2024" a RACE. Á entrega de premios asistiu o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen saudou á presidenta da Fundación e Premio Ourensanía 2015, Mariluz Barreiros.
"A automoción representou o avance, a innovación, o desexo de mellorar o mundo que nos rodea", dixo o premiado, o residente do Real Automóbil Club de España (RACE), Carmelo Sanz de Barros, quen recibiu este venres o premio "Figura de Prestixio no Campo da Automoción 2024" da Fundación Eduardo Barreiros. Este galardón que ten carácter bienal, e que cumpre este ano o seu decimosegunda edición, vén concedendo desde o ano 2000 para recoñecer a personalidades de prestixio no campo da automoción.