A Deputación de Ourense participa na Comisión Executiva de Femembalses

Compartir

Madrid, 7 de outubro de 2024.

O deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou esta mañá en Madrid na reunión da comisión executiva de Femembalses, a Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses.

De feito, un dos asuntos que se abordaron neste encontro de traballo foi un informe da presenza deste organismo nos actos correspondentes á Capitalidade de Montaña de España 2024 que tiveron lugar na provincia, pois foron os concellos de Chandrexa de Queixa, Manzaneda, A Pobra de Trives e San Xoán de Río quenes compartiron esta distinción.

Durante o encontro, Rosendo Fernández lembrou o "importante peso e presenza" que ten a provincia de Ourense nesta entidade, pois a Federación de Asociacións e Municipios con Centrais Hidroeléctricas e Embalses conta ao redor de 600 concellos adheridos, dos cales preto de 40 son da provincia de Ourense.