A Deputación de Ourense participa no comité organizador do Congreso Nacional de Termalismo
Murcia, 26 de abril de 2024.
A Deputación de Ourense estará representada no comité organizador do vindeiro Congreso Nacional de Termalismo que, baixo o título "2.500 anos de saúde e benestar", celebrarase en Archena (Murcia) os días 21 e 22 de novembro.
O director da área de Benestar da Deputación de Ourense, José Juan Cerdeira, participou hoxe no Balneario desta localidade na reunión do comité encargado de organizar este evento.
A Súa Maxestade o Rei Felipe VI será o presidente de honra do Congreso, que contará con relatores de recoñecido prestixio internacional entre os que xa están confirmados o presidente da Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica, Pedro Cantista; e o director xeral e médico do Balneario de Cofrentes, Miguel Ángel Torán.